domingo, 2 de enero de 2011

O telescopio SOHO detecta a cífra record de 2.000 cometas.

O telescopio espacial SOHO, operado de forma conxunta pola Axencia Espacial Estadounidense (NASA) e a Axencia Espacial Europea (ESA), alcanzou a súa propia marca ao identificar 2.000 cometas.

SOHO converteuse así no maior buscador destes corpos celestes de todos os tempos, aínda que a súa misión orixinal era outra. O Observatorio Solar e Heliosférico naceu coa misión especial de observar o comportamento do astro máis importante para a Terra, o Sol.

O mérito non só é do telescopio, xa que no seu labor exhaustivo de identificación de cometas tamén colaboran máis de 70 astrónomos afeccionados de 18 países que buscan entre as imaxes que envía o satélite e que son de acceso libre para todo o mundo.



Feito por:
Yure Seara Núñez 1ºB

No hay comentarios: