domingo, 16 de enero de 2011

Especie: Un concepto moi difícil de definir.

O concepto de especie é un termo moi difícil de definir, esta entidade creada polo home foi definida por primeira vez a finais do século XIX, foi o chamado concepto morfolóxico de especie, pero pouco máis tarde retificárono e impuxeron o concepto biolóxico de especie. O concepto máis moderno deste grupo taxónomico é o concepto filoxenético que di que unha especie é o grupo monofilético máis pequeno con ascendencia común.



Recentemente volveuse a cuestionar a definición de especie debido a estudos realizados sobre uns fósiles humanos. Estes estudos demostraron que o Homo sapiesns cruzouse cos neardentales, e tamén demostrouse que intercambiaron fluidos e xenes cos denisovanos (unha especie da que se descoñecía a súa existencia ata o ano pasado, encontráronse os seus fósiles nunha cova de Siberia). De ambos cruzamentos saíron fillos fértiles, e isto levaría á conclusión de que os neardentales, sapiens e denisovanos serían da mesma especie.







Mamut lanudo.

Pola contra, ao analizar o tanto o ADN do mamut lanudo (extinguido fai miles de anos) e o do actual elefante africano observouse que en realidade non é só unha especie senón, polo menos, dúas. Isto débese a que se o mamut lanudo e o elefante africano son especies, e ata xéneros diferentes os efantes africanos tamén deberían ser dous especies diferentes. Unha de elas constaría dos enormes exemplares que viven na Sabana e a outra, duns exemplares un pouco máis pequenos que habitan nas zoas boscosas. Os seus linaxes separáronse fai 2.5 millóns de anos, ao mesmo tempo que cando se separaron a os elefantes asiáticos e o mamut lanudo, teñen un 98.55% de xenes en común.



Os datos anteriores indícannos as dificultades de chegar a definir definir o termo especie. Este é un debate que non parece ter fin. Para definir unha especie, os científicos, teñen en conta ata 26 criterios, ademais as especies están en continua evolución polo que é moi difícil definir os límites do que abrangue a especie. É dicir, pretendemos buscarlle limites ás categorías, por iso intentamos definir un termo que non se pode definir.



Diferentes científicos consideran os diferentes termos de especie, pero só se sabe que de momento non van a chegar a un acordo, por iso se cre que se debería seguir utilizando o termo de especie aínda que non sirva para tódolos casos.




Editado por Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

No hay comentarios: