sábado, 23 de abril de 2011

A ave máis ameazada de España volve aos humedais manchegos

Grazas a recuperación do Parque Nacional das Tablas de Daimiel foi posible que unha das aves máis amezadas da Península Ibérica como é a facha moruna (Fulica cristata) regrese ao gran humedal manchego; esta especie estaba nun crítico estado de extinción. A recuperación deste ecosistema húmido fixo que dúas parellas desta rara especie asentáranse no parque, e segundo os especialistas do parque algunha das parellas pode chegar a criar. Esto é moi positivo xa que no último censo realizado pola Sociedade Española de Ornitoloxía de 2007 só había 96 parellas reproductores en España das cales o 80% cría en Andalucía, o 10% en Valencia e o 5% nas Illas Baleares e Cataluña.

Esta rara especie estaba case extinguida na década dos 90 pero dende ahí empezou a sufrir unha lenta recuperación debido a numerosas iniciativas como: programas de cría en cautividade en Andalucía e Valencia; o desenvolvemento de programas de recuperación das especies e, o máis importante, a recuperación do gran humedal manchego.




Esta ave pódese distinguir por ter na parte frontal dous chamativos bultos de cor vermella, polo que tamén e denominada focha cornuda. É unha ave de tamaño medio que adoita vivir en humedais con auga doce e a súa alimentación baséase en plantas acuáticas.



Lorena Yáñez López 1º A

No hay comentarios: