sábado, 23 de abril de 2011

As dunas en perigo

Pareceume adecuada esta noticia, porque onte foi o día da Terra e os alumnos de Bioloxía imos ir a visitar proximamente as Dunas de Corrubedo.

As dunas están protexidas pola directiva europea da rede Natura 2000, as súas infraestruturas mal deseñadas e a acción do home causan un impacto directo que ameaza estes ecosistemas tan débiles. Pero que as pon en perigo? Os aparcadoiros dentro das dunas e os accesos ou as pasarelas colocadas a nivel do chan que permiten o paso á praia, cortan o primeiro cordón dunar do ámbito interrompendo a dinámica natural destas dunas. Todo isto recóllese en Vulnerabilidade das dunas en relación á presión turística, un estudo publicado por Sara Muñoz, científica da Universidade de Sevilla.

Sara asegura "os meus resultados son extrapolables a calquera costa que conte con dunas no acceso á playa". Aclara que os principais elementos que afectan a estes sedimentos de area son as influencias naturais e o factor humano, neste caso ocasionado, na súa maior parte, por "un mal deseño" das infraestruturas.

Salienta que o impacto humano é "doadamente corrixible" con maior información aos turistas e cunhas infraestruturas axeitadas. "A cartelería informa da flora e fauna da praia, pero non está enfocada á protección dos cordóns dunares", explica a investigadora. "Moitos dos cidadáns que visitan as praias non acceden polas pasarelas que existen nestas e pisan as dunas, compactándoas e vertebrándoas, conclúe a investigadora.



Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B







Cando vaiamos ás Dunas de Corrubedo (fotografía), sería interesante comprobar o estado das Dunas e tamén a existencia de carteis informativos e o trato dos bañistas ás dunas.


No hay comentarios: