miércoles, 4 de enero de 2012

FELIZ 2012 A TOD@S

Aínda que xa case hai medio ano que nos deixou para todos nós aínda sigue estando moi presente nas nosas mentes e nos nosos corazóns. Foi un sentimento demasiado raro escoitar esa horrible noticia que non era capaz de creelo nin asimilalo, durante todo o verán era imposible pensar en que eso era posible pero por desgracia tiña que empezar a facerme a idea. Durante moito tempo ía pola rúa e case sempre me parecía vela e nese momento un sentimento moi raro me inundaba por dentro. En septembro, no comezo dun novo curso, fíxoseme moi difícil non vela polos correderos, na clase, ver esa mirada que me daba forzas e confianza en min mesa, ese sonriso que sempre estaba dibuxado nesa cara, esas palabras de ánimo nos momentos máis duros do curso ou mesmo un non pasa nada cando non obtiña os resultados desexados.
Voto en falta esas clases de fai dous anos pero tamén voto en falta esas conversacións do ano pasado nas que sentía unha profesora moi entregada aos seus alumnos e quizais podería dicir que a unha amiga.
Sempre se van os mellores, esas persoas que non o merecen e que aínda lle quedaba moita alegría e ilusión depositados na gran vocación que ela tiña como profesora.



Espero que este ano aínda que non estea en presenza con nós estarao nos nosos corazóns e dende donde estea mandaranos todas as forzas e todos os ánimos para loitar e superar este curso duro e que marcará en gran medida as nosas vidas.



Ademáis de compartir con ela clases tamen compartimos con ela algunhas excursións como as Dunas de Corrubedo:



 E como non, algúns de nos tamén tivemos o placer de compartir con ela a excursión a Francia: 







4 comentarios:

Andrea Fdez (IES Otero Pedrayo) dijo...

Recordo que cando recibín a noticia atopábame algo lonxe de aquí, mais mesmo nas rúas polas que ía parecíame ver a súa cara, do mesmo xeito que para tí Lorena, e a esa cara todos lle asociamos inconscientemente un precioso sorriso que nos enchía sempre de ánimo e que nos encolleu o corazón ese escuro día de xullo.
Estou segura que non nos abandonou, segue entre nós...
Bonita entrada Lorena, feliz ano

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Cando eu recibín a noticia marchaba para Barcelona ó Campus, a verdade e que quedei bastante en shock porque é a primeira vez que eu vivo unha morte tan presente e tan inesperada. Pero claro que segue con nós :)

Lorena Yáñez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Unha noticia así xamais se olvida e a persoa que se vai vaise en presencia pero aínda segue vive se en cada minuto a estamos recordando.

Martín dijo...

Esa profesora era un encanto. Deume xa dous ou tres anos neste centro. Non só ensinaba moi ben, parábase cando alguén non entendera algo e tamén sabía rir cando pasaba algo divertido na clase. Eu estaba moi a gusto con ela. Por desgraza, e non sei por qué, ese tipo de persoas tende a deixarnos antes que os demais, o que é unha verdadeira inxustiza. Cando recibín a noticia estaba no meu pobo celebrando as festas, nas vacacións de verán e sentinme moi mal por non ir ao enterro, xa que eses días os meus pais recibían visitas dos meus familiares e non os quería comprometer. Aínda así, alégrome que puidese ó final colaborar no pago do ramo.
Descanse en paz, señorita José Camba, que nós xamais esqueceremos eses felices momentos nos que estabamos con vostede. Moi bonita entrada, Lorena, seguro que a ela tamén lle gustaría.