domingo, 29 de enero de 2012

Un asteroide do tamaño dun autobús pasa preto da Terra

O asteroide recentemente descuberto, bautizado como 2012 BX34, mide 11 metros de diámetro e alcanzou a súa máxima aproximación ás 17horas na tarde do venres, achegándose a unha distancia duns 60.000 quilómetros, segundo informou a NASA que logo asegurou que non existía perigo algún de colisión.

"Trátase dunha das aproximacións máis próximas xamais rexistradas", explicou Gareth Williams. "Atópase no 'top 20' de asteroides que máis se achegaron á Terra, pero non hai absolutamente ningunha posibilidade de que nos impacte", asegura este experto.

Os científicos da NASA vixían continuamente as traxectorias dos asteroides que poderían supor unha ameaza para a Terra. Calcúlase que as rocas cun tamaño de 140 metros poderían provocar graves danos se chocasen coa Terra, pero terían que ser ata maiores dese tamaño para provocar unha catástrofe a escala global.



Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/27/ciencia/1327668341.html

Feito por:
Yurema Seara Núñez 2ºB

1 comentario:

Lorena Yáñez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Moi boa noticia Yurema.
Aínda que a verdade é que eu pensaba que un asteroide dese tamaño podería provocar algunha que outra catástrofe a escala global porque con 11 metros de diámetro..., pero xa vexo que non, e mellor que así sexa.