sábado, 4 de febrero de 2012

Descubren un novo exoplaneta, moi parecido á Terra.

Un novo planeta no que podría existir vida polo seu tamaño e temperatura, foi recentemente descuberto por un grupo de astrónomos dos Estados Unidos. O descubrimento é obra dun astrofísico español , Guillem Anglada-Escudé, que posuía unha beca e que agora traballa nunha Universidade Alemá.
A nova" superterra " , que ten unha masa equivalente a 4,5 veces á do noso planeta, orbita en torno a unha estrela moi cerca do Sistema Solar e a tan só 22 anos luz de distancia.
Poco sábese deste novo exoplaneta, pero un dato importante é que recibe ó 90 % da luz que a Terra, e como a maior parte é en forma de infravermellos, calcúlase que absorbe maior cantidade de enerxía. Polo tanto encóntrase nunha situación moi parecida ao noso planeta, cunha temperatura similar na superficie e quizáis agua líquida.

Fonte de información : http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/02/ciencia/1328205012.html

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD

No hay comentarios: