jueves, 2 de febrero de 2012

Un "burato" no universo?

Nun ceo completamente cheo de estrelas, a imaxe que aparece é sobrecolledora. Que é ese enorme espazo escuro?. Trátase do que os astrónomos coñecen como "nebulosa escura" é unha inmensa nube de materia que impide o paso da luz das estrelas que ten detrás. Considéranse como os lugares máis fríos e illados de todo o universo.

A nebulosa, chamada Barnard 68, ten un radio dun cuarto de ano luz e encóntrase a 500 anos luz da Terra, o suficientemente preto como para que entre ela e nós non haxa estrelas que estraguen o espectáculo.

Esta nebulosa escura oculta algo máis. É un "glóbulo de Bok", un deses raros lugares da nosa galaxia nos que se forman novas estrelas. O resultado deste proceso será o nacemento de todo un novo sistema estelar.


Lucía Sánchez Corral 1ºD nº 30.

No hay comentarios: