lunes, 6 de febrero de 2012

Xúpiter ten dúas novas lúas


Xúpiter ten dúas novas compañeiras. Trátase de dous pequenísimas lúas que se suman ás xa 67 existentes.

As novas lúas, denominadas S/2011 J1 e S/2011 J2, foron identificadas por primeira vez en setembro de 2011 polo telescopio Magellan-Baade do Observatorio As Campás de Chile.

Apenas miden un quilómetro de diámetro cada unha, e por iso son as máis pequenas atopadas ata agora no Sistema Solar. Son moi débiles e atópanse moi lonxe. J1 vira a uns 20 millóns de quilómetros de Xúpiter, e J2 a uns 23 millóns. O primeiro tarda 580 días en completar a súa órbita; mentres que o outro, 726 días.

Os científicos clasificaron a estas lúas no grupo das irregulares, xa que teñen órbitas moi excéntricas e inclinadas.

Debido ás súas estrañas órbitas, os investigadores cren que poden ser asterorides ou anacos dun cometa pola gravidade de Xúpiter.


Soraya González Feijoo Nº12 1º Bach D.

No hay comentarios: