jueves, 1 de marzo de 2012

Dous novos grupos sanguíneos

0,A,B ou AB son os grupos aos que pode pertencer o noso sangue (e se temos ou non certa proteína integral na parede dos nosos eritrocitos, o factor Rh, seremos positivo(coma o 85% da poboación) ou non). Agora, un equipo internacional de investigadores confirmou a existencia de dous tipos novos de sangue aínda pouco coñecidos: Langereis e Junior. Este descubrimento terá múltiples aplicacións na medicina para transfusións, transplantes de órganos e mesmo terapias contra o desenvolvemento do cancro. Aínda que se coñecen estes grupos, o que todavía non se atoparon son as proteínas das células sanguíneas identificados con ditos grupos.






Nature genetics é a revista na que se publicou este achado, moi común no leste asiático. Bryan Ballif, participante da investigación levada a cabo na Universidade de Vermont (EEUU), explica: "estímase que máis de 50.000 xaponeses sexan Junior negativo, e isto pode traer problemas de incompatibilidade do feto coa nai, ou á hora de realizar transfusións sanguíneas". Ademáis, estas novas moléculas tamén están asociadas a desenvolvemento de mecanismos de resistencia contra o cancro, do cal se partirá para mellorar a eficacia dos tratamentos.

Podedes ver a noticia completa na páxina web da revista Muy Interesante




Andrea Fernández Novoa 2ºBach B

No hay comentarios: