sábado, 3 de marzo de 2012

Un 'Tanstavinsaurus sanzi' atopado en Teruel


Foron encontrados os restos dun dinosauro de 20 toneladas que viviu no municipio Del castallar (Teruel). Trátase dun 'Tanstavinsaurus sanzi', que viviu hai 110 millóns de anos. Encontrouse na localidade turolense Del castellar, coñecida polas pegadas de dinosauros e porque xa se acharan alí varios ósos e dentes de hai 130 millóns de anos.


Segundo as súas conclusións, é o dinosauro máis completo doCretácico inferior en toda Europa, porque cos fósiles encontrados con anterioridade xa se ten o 45% do seu esqueleto. En concreto, tras a escavación, lograron sacar á luz a pata posterior enteira (incluída o pé), o raio dunha pata dianteira, varias costelas e restos da cadeira e dunha das mans. Co que puideron descubrir que este 'Tastavinsauro' mediu 17 metros de longo.


O achado permitiu facer unha comparación con outro fósil do mesmo exemplar e comparalos. Iso permitiu clasificalos dentro dun grupo novo 'Laurasiformes', porque viviron no que era Laurasia, un continente que formaban entón Norteamérica e Europa.


Fonte de información
Abraham Otero Fernandez 1ºD Nº22

No hay comentarios: