jueves, 14 de junio de 2012

Australia creará a rede de reservas mariñas máis grande do mundo.

Imaxe da Gran Barreira de Coral de Australia. 
O Goberno australiano creará a rede de reservas mariñas máis grande do mundo e limitará a explotación de hidrocarburos e a pesca nas áreas sensibles para contribuir á protección dos océanos. Dita rede aumentará o número de reservas de 27 a 60 e abarcará uns 3,1 millóns de kilómetros cuadrados (máis dun tercio do océano que rodea o continente). Con esta medida, o ministro de Medio Ambiente, Tony Burke, pretende realizar unha xestión máis responsable das áreas mariñas e dos seus recursos. Ademáis esta medida non está vinculada só a protexer o medio ambiente, senón tamén á seguridade alimentaria. Ampliaráse tamén a protección de animais como as ballenas, as tartarugas ou outras especies ameazadas e dos arrecifes no Mar de Coral. As consecuencias destas medidas só afectarán nun 1% á pesca. Unha das razóns de este novo plan anunciado polo Goberno Australiano é que na Décima Conferencia da Diversidade Biolóxica de 2010 celebrada en Xapón acordouse que o 10 % da superficie mariña mundial debería estar protexida no ano 2020. 

Fonte de documentación: El mundo.

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1º D 

No hay comentarios: