lunes, 29 de octubre de 2012

O universo segue asombrándonos


O cosmos non deixa de sorprendernos. O telescopio espacial XMM-Newton da Axencia Espacial Europea (ESA) captou unha imaxe un tanto peculiar. O que en realidade é unha burbulla producida polo intenso vento dunha estrela masiva, parece o rostro dunha inquietante criatura sacada dun dos contos de Lovecraft. O que máis destaca desta curiosa face son os dous ollos (estrelas), un rosa e outro laranxa, ámbolos dous moi destacados pola súa luminosidade.

Segundo a ESA, esta burbulla ocupa uns 60 anos luz e foi creada baixo os fortes ventos emitidos pola estrela de cor rosa (Wolf-Rayet HD 50896).

As estrelas de xénero Wolf-Rayet son astros cunha masa 35 veces maior ca do Sol, polo que son moi quentes e masivos.  Expulsan grandes cantidades de materia a través de vento estelar (corrente de plasma a millóns de graos centígrados) que está representado coa cor azul na imaxe. O halo verde que recobre a burbulla é producido pola colisión dunha onda de choque, que escapa da estrela, coas capas de materia expulsada anteriormente. Este curioso rostro atópase a 5.000 anos luz do noso planeta, na constelación de Canis Major (Can Mayor).

A esta estraña cara pronto lle chegará o seu fin, xa que acabará explotando e dispersándose. 

Engado un vídeo que recolle curiosas fotos tomadas polo telescopio espacial Hubble (HST).



Enlaces: 

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A



2 comentarios:

Carmen cid manzano dijo...

Recorda alguén como se facían as fotos?

EXDLV dijo...

Fanse en blanco e negro, e despois daselle color segun dos compostos quimicos dos que estean formados.
Carlos Alvarez Sabucedo, 1ºBAC A.