sábado, 27 de octubre de 2012

Un mapa máis preciso do centro da Vía Láctea

Un equipo internacional de astrónomos lograron catalogar máis de 84 millóns de estrelas situadas na zona central da Vía Láctea. Grazas a imaxe do telescopio de sondeo VISTA (Visible and Infrared Survey Telescope for Astronomy) este avance permitenos conocer máis da nosa galaxia anfitriona, ofrecéndonos dez veces máis estrelas que en estudios anteriores. Comprender a formación e evolución do núcleo da Vía Láctea é vital para o coñecemento da galaxia como un todo. Unha imaxe sobre a que se pode facer zoom, acercándonos a parte central da nosa galaxia, se a quixesemos imprimir coa resolución típica dun libro ocuparianos 9 metros de largo por 7 de ancho.
“Observando as estrelas en detalle podemos aprender moito máis sobre a formación e a evolución da nosa galaxia e das galaxias espirales en xeral” afirma Roberto Saito, investigador principal de este estudio. Moitas galaxias espirales teñen unha alta concentración de estrellas vellas rodeando o centro, o núcleo. Conseguir estas observacións tan detalladas non é sinxelo:  



Telescopio de sondeo VISTA.

Ubicado no Observatorio Paranal de ESO (organización astronómica intergubernamental en Europa, que proporciona os astrónomos intalacións de investigación, conta co apoyo de España entre outros moitos países europeos) en Chile. Conta cun espello duns 4,1m de diámetro, un amplio campo de visión e detectores infravermellos moi sensibles. O equipo de astrónomos utilizou os datos do programa VISTA., co que creou esta imaxe 9 xigapíxeles (a maior imaxe astronómica elaborada) recopilando así o maior catálogo da concentración de estrelas na rexión central da Vía Láctea.
“Obserbar o núcleo da Vía Láctea e moi difícil, xa que está oscurecido polo po. Para penetrar no corazón da galaxia, necesitamos observar o rango infravermello da luz, o cal se ve menos afectado por o po” explica Dante Minniti, coautor do estudio. Para axudar na análise deste gran catálogo, o brillo de cada estrela plasmase nun diagrama frente ao seu color para uns 84 millóns de estrelas co fin de crear un diagrama cor- magnitude (utilizados para estudar as diferentes propiedades das estrelas como: temperaturas, masas e idades.), este conten un tesoro oculto de información sobre a estrutura e os contados da Vía Lactea. Un dato interesante é o gran número de estrelas enanas vermellas candidatas a albergar pequenos exoplanetas, obxetos que poden ser descubertos utilizando a técnica dos tránsitos.

FONTES DE INFORMACIÓN: http://en.wikipedia.org/wiki/VISTA_(telescope) http://www.abc.es/20121024/ciencia/abci-millones-estrellas-sola-foto-201210241145.html http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/24/actualidad/1351081430_777440.html http://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/24/ciencia/1351069799.html www.eso.org/public/chile/news/eso1242/

No hay comentarios: