sábado, 24 de noviembre de 2012

ATOPADA A ESTRELA MÁIS PRÓXIMA AO BURATO NEGRO DA VÍA LÁCTEA


A famosa estrela atopada chámase S0-102 e tarda 11,5 anos en completar a súa órbita ao redor do burato negro do centro da nosa galaxia chamado Sagitario A.
Localizouse dende o observatorio W.M. Keck en Hawai grazas a un archivo de imaxes de alta resolución obtidas nos últimos dezasete anos.
Esta investigación que están realizando diversos científicos de EEUU, Canadá e do CSIC en España axudará a coñecer como funciona a lei da gravedade en entornos extremos e coñecer con máis profundidade os buratos negros supermasivos.
Conta o científico Schödel ( traballador do CSIC) que agora que se coñecen dúas estrelas con orbitas próximas ao burato negro podese comprobar a teoría da relatividade xeral baixo condicións de gravedade extrema.
A outra estrela coñecida que orbita ao redor de Sagitario A chámase SO-2.
O científico xa nombrado antes Schödel, desarrollou un método de análisis da imaxen que permite detectar estrelas que antes pasaban desapercibidas. Grazas a este método puidemos seguir a órbita da SO-102 durante dez anos.
Os buratos negros constitúen un bo entorno para verificar o efecto da curvatura do espazo-tempo que é a causante dos efectos gravitatorios que rixen o movemento dos corpos.

AS ESTRELAS EN RELACIÓN CO BURATO NEGRO

As estrelas SO-2 e SO-102 debuxan órbitas elípticas ao redor de Sagitario A, pero créese que non son elipses pechadas xa que o movemento destas á afectado pola curvatura espazo-tempo que provén do burato negro e causa que a órbita non termine de pecharse.
Non se pode medir desviación na SO-2 porque a masa deses corpos contribue ás alreración da órbita. Precisábanse polo menos dúas estrelas coas que poder medir a alta precisión para entender os efectos da Relatividade Xeral e o da masa ao redo de Sagitario A.

Medir os efectos da gravedade sobre as órbitas estelares é moi ineresante porque a gravedade é a menos coñecida das catro forzas fundamentais. –Schödel.

--> Aquí remítovos unha entrevista do programa "A la carta" na que se fala sobre este tema, entrevistando a Xabier Barcons, presidente do consello do observatorio europeo Austral.


FONTES DE INFORMACIÓN:

Sara Fernández Álvarez 1º Bach-A


No hay comentarios: