viernes, 2 de noviembre de 2012

Os políticos baixan a ciencia española a segunda división

Ninguén podería imaxinar o gran batacazo que se deu a ciencia española xa que retrocede ao século pasado.
A I+D levouse unha das peores partes no reparto dos recortes presupostarios nun país onde aos políticos éncheselles a boca cando falan dun modelo económico baseado no coñecemento e a I+D. Afirman que a única saída á crisis estriba na ciencia e no coñecemento e despois fan unha política de recortes, o menos que pode concluirse é que non cren naquelo que din.
Os recortes presupostarios en investigación están retrocedendo a niveis de 2005 e poden provocar que se perda toda unha xeración de científicos excelentemente formados, creando problemas en materia de postos de traballo.
En grandes cifras, a cantidade adicada á investigación en España en 2013 se se aprobasen as cifras reflexadas no borrador do Presuposto Xeral do Estado presentado fai poucas semanas, sería de 5.932 millóns de euros, 460,96 millóns menos que en 2012 (un 7,21% menos), exercicio no que a I+D sufriu o maior recorte da historia con máis dun 25% de descenso. Isto supón que a cantidade total adicada á Ciencia regresou a niveis do ano 2005.

José Manuel Roldán, presidente da comisión de Investigación e Desenvolvemento (I+D) da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e reitor da Universidade de Córdoba, comentou que o noso país sempre adicou escasos recursos a estas actividades e nas últimas décadas, "con moito traballo", habíase creado "un tecido científico de certa calidade" que permitía alentar esperanzas de que España se situase entre os países máis avanzados en investigación.

Ademáis, os fondos destinados a subvencións nos programas de investigación científica e técnica e de investigación tecnolóxica e industrial concentran o 91,2% dos recortes.
De feito, actualmente o noso país ocupa o noveno lugar do mundo por produción científica, segundo Roldán, que considerou que con menores presupostos perderase "toda una xeración de científicos excelentemente formados".
"Moitos vanse a outros países e outros non encontran vías asequibles para iniciar ou proseguir a súa vocación investigadora", manifestou Roldán, quen opinou que "perder aos seus mellores cerebros é moi grave para calquer país".

Unha das peores partes levouna o programa de Fomento e coordinación da investigación científica e técnica, que se destina entre outras cousas a financiar, a través das convocatorias públicas, as actividades de I+D+i. A astronomía e a astrofísica tamén sufren un recorte importante do 17,4% con respecto ao 2011. Unha cifra parella ao 17% de recorte que sufre o Instituto Astrofísico de Canarias (IAC), o centro de referencia en España é un dos máis punteiros a escala internacional. O seu presuposto pasa de 20,54 millóns a 17,04. Como axencia, o CSIC non saíu mal parado e 'só' viu reducido o seu presuposto nun 2,8%, de 688 millóns a 668. Sen embargo, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) non saíu tan ben parada e sufriu unha disminución do 28,9%, pasando de 122 millóns a 87.


Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo 1º Bach. D

1 comentario:

Carmen cid manzano dijo...

Sen ciencia o país irá mal... A nova ley de educación suprime no bacharelato as CMC!!!