sábado, 24 de noviembre de 2012

Un descubrimento do Curiosity pode cambiar os libros de Historia

A noticia máis esperada polo mundo científico podería estar a punto de converterse en realidade xa que a NASA publicará o descubrimento do Curiosity, sobre o que se creou unha gran expectación.

Fai dous días, John Grotzinger, o investigador principal da misión Curiosity, anunciaba nunha entrevista radiofónica que un dos instrumentos do vehículo recolleu datos que "cambiarán os libros de historia" e que realmente prometen moito. De inmediato, moitos pensaron que se estaba a referir a unha das noticias máis esperadas pola comunidade científica internacional: o descubrimento de probas da existencia de vida en Marte.


Nas súas declaracións á National Public Radio norteamericana (NPL), o investigador da NASA anunciaba que os resultados faríanse públicos nun par de semanas, posiblemente durante a inauguración da conferencia anual da Unión Xeofísica Americana (UAG), o próximo 3 de decembro.

Ata ese momento, e para evitar erros, o equipo de investigadores realizará análisis adicionais e toda clase de probas para asegurarse de que os datos do Curiosity son o que parecen. Pero Grotzinger deu outra pista sobre a natureza do descubrimento. O achado realizouse cun instrumento moi concreto do rover, o SAM (analizador de mostras marcianas), capaz de detectar un gran número de compoñentes biolóxicos presentes no aire ou nas rochas, así como de analizar materia orgánica.
SAM consta a súa vez de tres instrumentos (un cromatógrafo de gases e dous espectrómetros diferentes) que son capaces de buscar compostos do carbono, como o metano (gas que os científicos levan tempo querendo encontrar), así como restos de osíxeno e hidróxeno ou identificar materia orgánica.

Outros membros do equipo do Curiosity responderon as preguntas dos medios. E se ben é certo que ningún deles desmentiu a posibilidade de que o descubrimento estivera relacionado coa presenza de vida en Marte. «O equipo científico está analizando os datos dunha mostra do solo marcián, pero non se pode falar diso neste momento», dixo Guy Webster, portavoz do Jet Propulsion Laboratory (JPL). «Esto non cambia os procedementos habituais: deben confirmar os primeiros resultados antes de facelos públicos», engadiu.
Por outra parte, varios exobiólogos da NASA confirmaron que o ambiente que se respira en moitas dependencias da axencia é de gran expectación.

Do que non cabe dúbida é que estamos ante un descubrimento de suma importancia, e de que hay moitas probabilidades de que ese achado esté relacionado coa procura de vida no Planeta Vermello. Unha tarefa á que a Ciencia adicou xa varias décadas e que supuxo, por agora, o envío de corenta naves científicas a Marte. Se todo vai como está previsto, o próximo 3 de decembro a NASA desvelará o misterio. Ata entonces, haberá que esperar…

Preguntas:
Podería o Curiosity haber encontrado vida en Marte?
Que pode ser o que descubriu o Curiosity para cambiar os libros de Historia?


Enlaces:
http://www.abc.es/ciencia/20121123/abci-hallazgo-marte-cambiara-libros-201211230950.html

http://www.abc.es/ciencia/20121122/abci-curiosity-podria-haber-encontrado-201211220936.html 

Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

1 comentario:

Unknown dijo...

Paula, quedamos impacientes... dásche conta o interesante que é a Ciencia? espero que cando termine este curso sigas coa curiosidade que hoxe demostras. Moi ben o teu traballo