viernes, 21 de diciembre de 2012

A SECUENCIACIÓN DO XENOMA DO DENISOVANO, O SEGUNDO ACHADO MÁIS IMPORTANTE DO 2012
O investigador Svante Pääbo, director do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva en Leizpig (Alemaña), logrou secuenciar o xenoma do homínido de Denisova, unha misteriosa especie atopada en 2010 en Siberia e emparentada cos neandertais, lograron sabelo estudando un fragmento dun dedo maimiño infantil e dúas pezas dentais. A análise permitiu comparar aos denisovanos co home moderno e revelou que o óso pertencía a unha nena de ollos marróns, cabelo castaño e pel morena que viviu hai entre 74.000 e 82.000 anos.

Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero:
Homo


Nome binomial
Homo sp.
O fosil atopado bautizouse co nome "Muller X", alguén pode indagar o por que de este nome?

2 comentarios:

Unknown dijo...

Puxen as etiquetas e algúns hipervínculos, que che parece?
Sabe o que significa Nome binomial?

Antía Quintana dijo...

Chamóuselle "muller x" xa que "este nome provisional indica que non sabemos realimente o que é", explica Johannes Krause, un investigados do Instituto Max Planck de Alemania e un dos autores que levou acabo o estudo deses fósiles.
O nome binomial ou nomenclatura binomial é o "nome científico" que se lle da ás diferentes especies de organismos (vivos ou extintos). Componse de dúas palabras (en latín ou de raíz grecolatina): o nome do género e o nome específico. Foi Carlos Linneo (científico, naturalista, botánico e zoólogo) o que inventou esta nomenclatura.