jueves, 27 de diciembre de 2012

Atopado un planeta potencialmente habitable.




Unha estrela similar ao noso Sol, chamada Tau Ceti, alberga cinco planetas, un dos cales se encontra nunha zona potencialmente habitable onde podría existir augua líquida e quizás vida. 

Un equipo internacional de astrónomos logrou detectar cinco mundos que orbitan en torno á estrela Tau Ceti, que se encontra relativamente cerca do noso Sistema Solar, a tan só 12 anos luz.

O planeta que podría ter agua e vida ten unha masa 4´3 veces a da Terra, e é polo tanto o máis pequeno de todolos que se encontraron hasta agora na zona potencialmente habitable da sua estrela.

Tau Ceti é un pouco máis pequena e menos luminosa ca noso Sol. Se encontra a 11´9  anos luz na constelación de Cetus (a balena) e é visible no ceo nocturno. Debido a sua proximidade e similitude ao Sol, é unha estrela que aparece con frecuencia en novelas de ciencia ficción que imaxinan civilizacións extraterrestres.


Tau Ceti é un dos nosos veciños cósmicos máis cercanos e é tan brillante que nun futuro non moi afastado podremos chegar estudiar a atmosfera dos seus planetas.

O achado confirma a idea de que prácticamente todas as estrelas teñen planetas e que na galaxia debe de haber numerosos de eles potencialmente habitables e de dimensións parecidas ás nosas.
                                                                                                      

FONTES DE INFORMACIÓN:

Carlos Álvarez Sabucedo , 1º BACH A.

No hay comentarios: