sábado, 8 de diciembre de 2012

Conclusións da reunión da NASA sobre o Curiosity

Despois de máis dunha semana esperando, por fin desvelouse ese misterio que anunciara John Grotzinger(o investigador principal da misión Curiosity) que ía cambiar os libros de historia.

O luns 3 de decembro celebrouse a reunión anual da Unión Xeofísica Americana en San Francisco onde centos de persoas esperaban o achado que según dixo John Grotzinger cambiaría os libros de historia e que días máis tarde a NASA negou que o Curiosity detectara compostos orgánicos en Marte.

A pesar das expectativas creadas en todo o mundo, os investigadores non teñen aínda probas suficientes para dicir que en Marte houbo ou hai actualmente algunha forma de vida. Nin sequera confirmaron a detección de compostos orgánicos no planeta vermello. Pero o que si se pode confirmar e o que foi un dos motivos da reunión foi que o rover analizou por primeira vez o chan marciano coa súa sofisticada batería de instrumentos. Trátase dunha mostra procedente dun antigo glaciar, unha mezcla de polvo e rochas. Tamén encontrou que alí se desenvolve unha complexa química na que participan elementos como o auga, o azufre ou o cloro.

Á conferencia inaugural, que se prolongou durante uns 30 minutos, acudiron os investigadores Michael Meyer, John Grotzinger, Paul Mahaffy, Ralf Gellert y Ken Edgett, que destacaron a boa marcha da expedición do rover, que aterrizou en Marte o pasado mes de agosto.

O Curiosity encóntrase no antigo leito dun río, onde houbo abundante auga no pasado. Pola súa parte Paul Mahaffy, do Centro Espacial Goddard da NASA comentou que “todavía non se detectaron compoñentes orgánicos. Realizáronse medicións cos tres instrumentos do SAM e identificáronse varios gases: vapor de auga e osíxeno en pequenas porcentaxes. Os restos de auga son moito maiores dos que arroxan os antigos océanos. Apréciase tamén a presenza de osíxeno e azufre. Pero poucos compostos orgánicos".

Os instrumentos do SAM (o analizador de mostras do Curiosity), identificaron tamén un composto do cloro (perclorato), e os frutos doutras reaccións químicas como metano clorado, un composto orgánico do carbono que ao principio disparou as expectativas. Sen embargo, a análise detallado dos datos revelou que, aínda que o cloro sí que era autenticamente "marciano", o carbono podería proceder da Terra e haber sido levado ata Marte polo propio Curiosity e detectado despois polos ultrasensibles instrumentos do SAM.


De feito, os investigadores aseguran que o Curiosity leva traballando so catro meses, que está apenas no comezo dun programa científico de dous anos de duración, polo que haberá que esperar un pouco máis para ter algunha resposta máis concluínte. Os lugares nos que excavou o brazo robótico do rover teñen un aspecto moi seco, pero está previsto analizar mostras de terreno en varias outras localizacións.

Finalmente, John Grotzinger tamén mencionou que as súas palabras foran mal entendidas. Agora teremos que seguir atentos para ver se o rover nos leva cada vez a máis descubrimentos(e esperemos que así o faga).

Enlaces:


Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

No hay comentarios: