sábado, 12 de enero de 2013

O asteroide Apofis non impactará ca Terra


Parece que xa podemos estar máis tranquilos. O asteroide Apofis, co cal se pensaba que iamos a chocar no ano 2036, ten unha posibilidade de entre un millón de destruír o noso planeta. Así o confirmaron onte os científicos da NASA do laboratorio de Pasadena (California).


Este asteroide foi descuberto en 2004 e, nun principio, os cálculos da súa órbita indicaban que tiña unha posibilidade de 2’9% de colisionar ca Terra en 2029. Cálculos posteriores retrasaron o choque ata o 2036. Os científicos bautizárono como Apofis por ser o nome do deus exipcio da destrución.

Grazas á información recollida nos anos 2011 e 2012 polos telescopios ópticos Magdalena Ridge (Novo México) e Pan-STARRS (Hawaii) e ós novos datos obtidos co radar GoldStone Solar System, determinouse a probabilidade real dun impacto. Segundo os novos cálculos da NASA, o 13 de abril de 2029 será a data na que o asteroide Apofis sobrevoará a Terra a só 31.300 km da superficie terrestre.

Os novos datos tamén permitiron calcular o seu tamaño, que resultou ser maior do esperado. Anteriormente estimábase que tiña 270’5 metros de diámetro, pero os novos cálculos determinan que ten 325 metros.
A axencia espacial rusa ROSCOSMOS anunciou unha posible misión arredor do 2020 ó asteroide. Alí activarían un emisor de radio para poder seguir o seu desprazamento polo espazo e calcular os seus movementos e o efecto do seu achegamento á Terra en 2029.

Os novos datos obtidos sobre o Apofis aumentan o coñecemento sobre as propiedades dos asteroides, o que permitirá realizar misións no futuro para evitar posibles achegamentos perigosos.

Parece que nin as profecías maias nin os asteroides poden destruír o noso planeta. Non nos teriamos que preocupar tanto de ameazas externas e reflexionar máis sobre que nós, os seres humanos, tamén somos unha ameaza para noso planeta azul.

PREGUNTAS:
Cando foi a última vez que un gran meteorito impactou coa Terra? Cales foron as súas consecuencias?

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego 1º BACH A

3 comentarios:

Unknown dijo...

O derradeiro parágrafo paréceme una reflexión moi oportuna e un xeito intesentante de rematar ao artigo, pero creo que para animar aos teus compañeiros e compañeiras a interactuar deberías terminar con unha pregunta como: cando foi a última vez que un gran meteorito impactou coa Terra? cales foron as súas consecuencias?

Antía Quintana dijo...

Xa llas engado agora, grazas.

Unknown dijo...

Segundo as hipóteses, o último impacto dun gran meteorito contra a Terra tivo lugar fai 65 millóns de anos cando un asteroide de 10 km de diámetro, cunha velocidade aproximada de 30 Km/s, precipitouse nun terreo que hoxe forma parte de México, provocando unha catástrofe global e a extinción masiva de especies, entre elas os dinosauros.