sábado, 12 de enero de 2013

As primeiras imaxes da lura xigante

Un equipo formado por científicos xaponeses filmou por primeira vez un dos animais máis misteriosos  do noso planeta: unha  lura xigante viva, movéndose no seu propio hábitat, nas profundidades do Océano Pacífico.  As imaxes do cefalópodo , do xénero  Architeuthis, foron tomadas o pasado mes de xullo cerca das illas Ogasawara, o sur  de Tokio, pola  cadea xaponesa NHK e Discovery Channel, difundindo neste momento un  avance do vídeo gravado que se estreará  o próximo 13 de  xaneiro en Xapón e o 27 en Estados Unidos.

Para a gravación, empregaron un pequeno somerxible equipado con luces infravermellas case invisibles para o ollo humano e para o dos cefalópodos, e unha cámara de alta definición. Un equipo humano formado por un científico, un cámara e o piloto do somerxible, baixaron silenciosamente ata 630 metros de profundidade, e soltaron como cebo a outra lura dun  metro de largo. Repetiron este procedemento unhas cen veces, ata que por fin a criatura apareceu. Perseguírona uns 900 metros polas profundidades mariñas gravando as imaxes que agora nos ofrecen.
O animal captado tiña uns tres metros de largo, pero carecía dos seus dous tentáculos máis prominentes, polo que se cree que inicialmente puido medir 8 ó 9 metros. As imaxes tamén captan os enormes ollos (do tamaño de pelotas de baloncesto) e as ventosas de ata 5 cm de ancho.
Segundo a información obtida ata agora, a lura xigante parece ser o invertebrado máis grande, que pode alcanzar un peso duns 1000 kg e uns 20 m de lonxitude,  e que vive nas profundidades mariñas entre 400 e 1500 m, onde a presión é moi elevada e a luz solar case inexistente.
Toda esta información foi extraída dos exemplares deste animal, case sempre mortos, que recollían os pescadores na superficie. Pero nunca antes analizárase a vida submarina de estas míticas criaturas, polo que esta expedición é todo un avance cara o estudo de estas especies tan pouco comúns.
Ademais, as imaxes conseguidas nesta investigación amosan o seu comportamento pacífico e solitario, o que lle quita a mala fama de ser o “kraken”, un monstro mariño que afundía os barcos noruegueses durante o século XVIII.

Se queres documentarte máis sobre a lura xigante, fai clic aquí para ver unha presentación.

 


FONTES DE INFORMACIÓN

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/01/10/actualidad/1357828860_544105.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/07/natura/1357547744.html
http://www.abc.es/ciencia/20130110/abci-imagenes-video-calamar-gigante-201301101555.html

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Cando lin a túa noticia recordei a novela Veinte mil leguas de viaje submarino de Julio Verne.