A ciencia non é
soamente un mundo de adultos. Recentemente, Neil Ibata, un estudante francés de
15 anos e fillo e becario dun astrofísico en Estrasburgo, conseguiu publicar,
xunto co seu pai, un artigo na prestixiosa revista científica Nature, ocupando a portada. Neil, usando
un programa informático que el mesmo perfeccionou e os seus coñecementos de
vectores, descubriu que as galaxias ananas máis pretas a Andrómeda móvense
rotando arredor dela nun mesmo plano.
O seu pai
propúxolle aplicar o aprendido nun curso sobre linguaxe informático Python ó
que asistira para visualizar os datos que recollera sobre a galaxia Andrómeda
co seu equipo durante catro anos. Ó observar os datos que o seu pai lle
proporcionara, xa que entre 2008 e 2011 estivera recolléndoos cos telescopios
Canadá-Francia-Hawai e o estadounidende Keck, apreciou que unha gran parte de
galaxias ananas situadas nas aforas de Andrómeda parecía xirar en torno á
galaxia espiral. Rodrigo Ibata, pai de Neil, explica en Nature que estas pequenas galaxias están reunidas nun disco moi
plano de máis dun millón de anos luz de diámetro que xira lentamente arredor de
si.
Este rapaz,
apaixonado da física, da informática e dos vectores, non descarta estudar una
carreira científica pero iso si, non o mesmo dominio ca seu pai xa que pensa
que “Paréceme que é mellor non facer exactamente o mesmo que fan os teus pais”.
Fontes:
http://www.lefigaro.fr/sciences/2013/01/04/01008-20130104ARTFIG00488-un-francais-de-15-ans-publie-un-article-dans-nature.php
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/01/05/actualidad/1357405480_366815.html
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
1 comentario:
Oportuna noticia.
Publicar un comentario