jueves, 28 de febrero de 2013

A CPEB1, proteína causante de tumores.


Rafael Méndez, investigador do Instituto de Investigación en Biomedicina de Barcelona, traballa nun proxecto que podería frear o desenvolvemento do proceso de duplicación das células causantes de tumores.
A rasgos xerais, o problema ven dende o ARN. O ARN sae do núcleo da célula transportando a información sobre as proteínas, pero en verdade, moitas destas copias non son necesarias, por exemplo, do conxunto de proteínas que interveñen na división ou na proliferación celular, e polo tanto circulan sen ser utilizadas, pro.texidas, dalguna maneira, cun “código”. É aquí cando toma protagonismo unha proteína chamada CPEB1, que se encarga de romper este “código” e descontrolar o proceso de replicación celular, provocando o tumor.

Rafael Méndez así o explica: "Las proteínas CPEB son necesarias durante el desarrollo y también en el proceso de regeneración de los tejidos por medio de las células madre, pero si el sistema que gobiernan está siendo continuamente activado, las células se dividen cuando no hace falta y aparece el tumor”,
O investigador conta que as CPEB divídense en 4 grupos (1,2,3,4) e propón como solución a desactivación do primeiro grupo, de maneira que no se vexa afectada a actividade das demais, freando así o proceso dañino. Polo momento non existe un fármaco capaz de actuar na expresión dun xen, pero o IRB xa abriu unha búsqueda de moléculas que remedien este problema.




No hay comentarios: