jueves, 28 de febrero de 2013



Así que era unha mosca…revoltosa

Gracias a uns novos fósiles atopados nuns ricos xacementos de China, coñecemos por fin a identidade do que se cría era un parasito de certos dinosaurios con plumas. A súa anatomía presenta unhas patas en forma de pinza que se pensou que lle servían para agarrarse aos seus hóspedes pero estes novos fósiles acaban de tumbar esta teoría.  Parece ser que se trata dunha mosca acuática á que pertencerían  as moscas actuais. Nos fósiles atopados podemos ver unhas ás grandes e membranosas ademais dun dimorfismo sexual bastante rechamante. Os investigadores deducen de todo isto que debían ser insectos con ás moi especializados que as perdían  despois de saír das larvas e que a continuación se introducían na auga para aparearse. Tampouco nos ten que resultar tan raro pois os insectos eran xa na época dos dinosaurios os animais máis abundantes. Os investigadores cren que a pinza que presentan non serve pois para agarrarse senón que é unha especie de ferramenta para coller á femia no apareamento porque só a teñen os machos.
Resulta incrible que un insecto de 165 millóns de anos siga a depararnos sorpresas e para máis inri que sexa unha mosca .  

 








Brais Casas Fernández



No hay comentarios: