lunes, 18 de febrero de 2013

¿Daban leite os dinosaurios?

-Que os dinosaurios desen leite para alimentar ás súas crías parece unha idea completamente absurda pero o investigador e biólogo Paul Else,da universidade de Wollongong,(Nova Gales do Sur,Australia),leva traballando nela dende fai quince anos xunto ó seu equipo.Pero non nos fagamos ilusións xa que imaxinarnos a un Tiranosaurio Rex dotado de mamas ou ubres sería ciencia ficción.


A hipótese que plantea este profesor é que estes animais segregaban unha sustancia parecida ao leite dun tracto dixestivo superior,da mesma forma que as tórtolas ou as pombas producen  o chamado leite de buche para os seus pichóns.

Esta teoría que foi publicada en "The Journal of Experimental Biology", argumenta que a maior vantaxa potencial da "lactancia" do dinosaurio é que o leite que alimenta ás crías podería estar enriquecido con aditivos como anticorpos,antioxidantes e a hormona do crecemento.


Desafortunadamente non hai probas contundentes de lactancia no rexistro fósil dos dinosaurios xa que o proceso implicaría examinar os tecidos blandos que non se conservan coma os fósiles,polo que o experto propón estudiar un caso,o dos dinosaurios herbívoros de pico de pato,(os hadrosaurios).

A conclusión do profesor foi que sempre lle chamou a atención que como un pai de varias toneladas podía alimentar á súa cría de só uns poucos kilos.Parecía obvio,unha forma de lactancia similar a que teñen as aves.

Paul Else sabe que a súa idea é moi controvertida pero espera que os expertos en dinosaurios a tomen en consideración e investiguen sobre ela.



Fontes de información:

http://ecodiario.eleconomista.es/interstitial/volver/acierto/ciencia/noticias/3906744/04/12/Los-dinosaurios-se-hubieran-salvado-si-hubiesen-mamado-de-sus-madres.html

http://www.abc.es/ciencia/20130211/abci-daban-leche-dinosaurios-201302111724.html

http://fundaciondinosaurioscyl.blogspot.com.es/2013/02/daban-leche-los-dinosaurios.html



Pablo Estévez Feijóo 1ºA Bachiller 

1 comentario:

Unknown dijo...

Pablo, os dinusaurios son animais que sempre nos sorprenden.