martes, 19 de febrero de 2013

¿Qué son un asteroide,un meteoro e un meteorito?

¿Estaría correcto dicir que un meteorito caeu en Rusia fai uns días?Con todo o balbordo que temos dende a caída dete corpo faremos unha análise para saber diferenciar correctamente os distintos términos para poder designalo.

Asteroide:
Os asteroides son corpos rocosos ou metálicos,sen atmosfera,que orbitan ao redor do Sol pero que son demasiado pequenos para ser clasificados como planetas.Os máis coñecidos asteroides encóntranse no cinturón principal de asteroides,un vasto anel con forma de rosca situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.Pénsase que os asteroides están formados polo material primordial do Sistema Solar.
A roca que fixo aproximación de récord o pasado venres,chamada 2012 DA14 de 45 metros, é un asteroide

Meteoroide:
O obxecto que caeu nos Urales,de 17 metros,que según a NASA e a Axencia Espacial Europea non está relacionado co "2012 DA14",tamén se pode considerar un asteroide,malia que definicións máis extrictas fan que este corpo se quede só en meteoroide.
¿Pero entón, ¿qué é exactamente un meteoroide?
Pois un meteoroide é un corpo menor do Sistema Solar que ten entre 100µ e 50 metros de diámetro,    maior que o polvo cósmico e menor que un asteroide.
Aínda que esta definición non é aceptada por todos xa que a "Royal Astronomical Society" considera meteoroides só aos corpos celestes de entre 10µm e 10 metros.


Meteoro:
Na estela de materia incandescente que deixa detras de sí un meteoroide ao atravesar a atmosfera,(por exemplo,o que se viu nos ceos de Rusia,foi un meteoro),como tamén o son os que atravesan o ceo nas fermosas choivas de estrelas coma as "Perseidas".

Bólido e Superbólido:

Cando un meteoro é moi brillante,incluso máis que Venus,denomínaselle bólido e se chega a eclipsar a luz do Sol,Superbólido.O que iluminou o ceo en Rusia foi un superbólido.Popularmente coñécense como "bólas de lume".




Meteorito:
Denomínase meteorito aos restos que sobreviven na combustión da entrada na atmosfera,que non se desintegran por completo e que alcanzan a Terra.O que os científicos encontraron nos arredores do lago xeado de "Chebarkul",en Rusia,son meteoritos.






Fontes de información:







Pablo Estévez Feijóo 1ºA Bachiller