miércoles, 6 de marzo de 2013

Cura para o VIH


    No día a día, ao escoitar falar do VIH, non é estraño relacionalo có sida. Pois ben, non é o mesmo e debería quedar claro o que é cada unha destas enfermidades ou virus; a diferenza atópase en que o sida é a fase máis avanzada da infección de VIH con presenza de síntomas no sistema inmunolóxico, deixando este último de funcionar e levando a persoa portadora á morte. En cambio, o VIH significa que unha persoa estivo exposta ao virus do sida, pero non quere dicir que vaia a desenrolar o sida.


    Un equipo estadounidense publicou que conseguira curar a un bebé co virus do VIH por primeira vez no mundo. O bebé, unha nena de Mississippi nacida a finais do 2010, recibiu un tratamento moi agresivo a partir das 30 horas despois do seu nacemento. Tras dous anos e medio, estando un ano sen tomar medicamentos e facéndolle á nena varias probas, concluíron que o tratamento chegara ao seu fin, non atopando mostras do virus activo.


    Se nas vindeiras probas os resultado seguen a ser os mesmos,  sería o segundo paciente da especie humana que superase o virus. O primeiro foi un estadounidense ao que chamaron "paciente de Berlín" que se curou grazas a transplantes de medula espiñal dun donante resistente ao VIH.
En resumo, o caso da nena rural de Mississipi ou o do paciente estadounidense, do ano 2007, poden dar pasa á cura do virus que ata ao de agora, era impensable pero non imposible unha cura para o VIH.

Vídeo sobre o "paciente de Berlín"
http://www.youtube.com/watch?v=qnVrrlzB_Bc


PREGUNTAS:
1. Como se contaxia o virus do VIH?
2. POr que o primeiro paciente que se curou recibe ese alcume ("paciente de Berlín") cando é de Estados Unidos?
3. A parte destas investigacións, hai outras relacionadas co sida en España?

FONTES DE INFORMACION:

http://www.publico.es/451575/medicos-de-estados-unidos-afirman-haber-curado-a-un-bebe-con-vih
http://diferencia-sida-vih.blogspot.com.es/

3 comentarios:

Unknown dijo...

O virus do VIH contáxiase a través do sangue, das relacións sexuais ou tamén, durante a xestación do embrión, a nai podre transmirtillo ao fillo.
En cuanto ao primeiro paciente curado do virus, tratase de Timothy Brown, un estadounidense que recibe o nome de o home de Berlín xa que contraeu a enfermidade durante unha estancia na capital alemá.
Actualmente, en España, un grupo de científicos de distintos centros de investigación levaron a cabo a primeria fase do proxecto para a cura do virus, que consiste na introducción da vacuna en pacientes sanos para estudar a súa resposta inmunitaria, pero por desgraza, a segunda fase estase retrasando debido aos recortes sufridos na sanidade e na investigación. Suxírese como alternativa, volver a levar a cabo a fase 1 pero esta vez con persoas enfermas, para comprobar se se consigue un aumento da inmunidade destes pacientes.

Unknown dijo...

Hola Marcos,

Sólo complementar la información que has puesto en tu entrada para que quede más clara. El VIH es, como las siglas indican, el Virus de la Inmunodeficiencia Humana, responsable de una enfermedad conocida como SIDA (Síndrome de InmunoDeficiencia Adquirida). Del mismo modo que ocurre al contraer muchos otros virus y bacterias (si es que no todos), una persona puede contagiarse sin manifestar la enfermedad, siendo (durante un tiempo o para siempre) portadora del patógeno pero sin mostrar síntomas, como ocurre con la toxoplasmosis (una enfermedad que habitualmente nos contagian los gatos callejeros). Habrás oído alguna vez que a los portadores de la enfermedad se les llama “seropositivos”, esto es porque dieron positivo en una serología, una prueba que demuestra que tienen anticuerpos contra el virus en su sangre y que por lo tanto demuestra que tienen el VIH, aunque los pacientes no muestren síntomas (no tienen el SIDA). En algunas enfermedades distintas al SIDA, el paciente puede incluso contagiarse y curarse sin siquiera saber que estuvo enfermo, porque nunca mostró síntomas.

Por lo tanto, el término “virus del VIH” es redundante. Lo correcto sería “virus de la inmunodeficiencia humana” o “VIH” a secas.

Por último te recomiendo que intentes justificar tus noticias con la fuente original. Es decir, con la primera que publicó esa noticia. En este caso es esta (disculpa porque está en inglés): http://www.amfar.org/Research-Support-from-amfAR-Documents-First-Case-of-Child-Cured-of-HIV/

Y por cierto, muy buena noticia Marcos, ¡y muy actual!

Un saludo,
Héctor M., Máster de Profesorado.

Sheila CS dijo...

Ola Marcos,

paréceme unha moi boa noticia. Son moitas as persoas portadoras do VIH no mundo, cerca de 34 millóns. Como ben explicou o meu compañeiro de máster Héctor Montes, é importante diferenciar entre o virus (VIH) e a enfermidade do SIDA, xa que non todas as persoas portadoras do virus chegan a manifestar a enfermidade.

Atopei outra noticia relacionada coa túa, por se che interesa!!

http://www.abc.es/salud/noticias/terapia-precoz-acerca-curacion-funcional-14467.html

Por outra banda, a túa compañeira Gloria de las Heras fixo referencia ás investigacións de diversos grupos en España. Déixote un enlace (é do finais do 2011) dunha noticia sobre elo:

http://www.publico.es/398765/la-vacuna-espanola-del-sida-supera-su-primer-examen

E outra noticia do mes pasado no que ese mesmo grupo de investigación de Barcelona confirma que a súa vacina consegue reducir nun 90% a carga viral, un grandísimo avance. Sembra que cada día que pasa atopámonos máis cerca de atopar unha cura efectiva para o SIDA.

http://www.eluniversal.com.mx/notas/893386.html

Gustoume moito a túa noticia!

Un saúdo!

Sheila Castro. Máster de profesorado.