lunes, 11 de marzo de 2013

Proteína protexe ó cerebro dos danos dun ictus



A lectina MLB é unha proteína sintetizada polo fígado e que, uníndose a azucres presentes nunha gran variedade de bacterias e outros microorganismos, promove a súa eliminación. Unha recente investigación, na que o CSIC foi partícipe, demostra que a inhibición desta lectina xera un efecto protector sobre os efectos negativos que provoca un ictus cerebral. O traballo foi publicado na revista Circulation.

O ictus, tamén coñecido coma accidente cardiovascular, é a perda brusca de funcións cerebrais causada por unha alteración vascular (ben sexa por interrupción do fluxo sanguíneo ou por hemorraxia), o que afecta ás funcións do sistema nervioso central.

Segundo Javier Rojo, investigador do Instituto de Investigacións Químicas (centro mixto do CSIC e da Universidade de Sevilla), “Esta proteína, que tamén intervén e se relaciona co azucre manosa, xoga un papel fundamental nos primeiros pasos da activación da cascada de procesos involucrados no dano cerebral asociados a un ictus”. Ó inhibir esta proteína xérase un protector.
Ata agora o tratamento máis común fronte a un infarto cerebral consistía na destrución do trombo (coágulo que se forma no interior dos vasos sanguíneos), o cal só era efectivo durante as 3 ou 4 horas despois do infarto. Con este novo estudo poderase desenvolver unha nova estratexia terapéutica para poder tratalo ata 24 horas despois.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

No hay comentarios: