sábado, 9 de marzo de 2013

A cafeína mellora a memoria das abellas

Resulta que a revista ‘Science’ publicou unha investigación que demostra que as abellas da mel alimentadas cunha solución de azucre con cafeína son tres veces máis capaces de recordar a esencia dunha flor que aquelas que só se alimentan con azucre.
Os investigadores alimentaron ás abellas cunha solución azucarada que contiña a cafeína que se encontra de forma natural no néctar das flores da planta de café, e nas árbores de limón, laranxa e pomelo.


A directora do estudo, a doutora Geraldine Wright, profesora de Neuroetoloxía na Universidade de Newcastle, Reino Unido, explicou que o consumo de cafeína polas abellas aporta beneficios tanto ao insecto como á planta: «Para as abellas, que voan a un ritmo moi rápido de flor en flor, é moi difícil lembrar os rasgos das flores, e a cafeína axúdalles a facelo. E por outra parte, as abellas que se alimentaron de néctar con cafeína voan cargadas dese pole a outras flores con cafeína, o que favorece moito a polinización desta especie de plantas».

Por outro lado, Phil Stevenson, coautor da investigación e profesor nos Reais Xardíns Botánicos de Kew e o Instituto de Recursos Naturais da Universidade de Greenwich, explicou que «a cafeína é unha substancia química de defensa de plantas, ten un sabor amargo para moitos insectos, incluídas as abellas, polo que foi unha sorpresa encontrala no néctar. Sen embargo, a dose presente nestas plantas é moi baixa como para afectar ao gusto das abellas, pero o suficientemente alta como para alterar o seu comportamento».

O efecto da cafeína na memoria a largo prazo das abellas é importante: incrementa por tres a capacidade das abellas para recordar unha esencia floral 24 horas despois da toma de pole e por dous a capacidade de facelo tres días despois.

Normalmente, o néctar na flor dunha planta de café contén cafeína, case tanto como unha taza de café instantáneo. Ao igual que o café negro ten un sabor amargo forte para nós, as altas concentracións de cafeína son repelentes para as abellas. En opinión da doutora Wright, «este estudo axúdanos a entender como a cafeína afecta ao noso cerebro. O que vemos é que este descubrimento podería explicar por que moitas persoas prefiren beber café cando estudan».

A doutora Julie Mustard, colaboradora na investigación pola Arizona State University, sostén que «a pesares de que os cerebros humáns e o das abellas, obviamente, teñen moitas diferenzas, cando nos fixamos nas súas células, proteínas e xenes, descubrimos que ambos funcionan de maneira similar. Polo tanto, podemos empregar abellas para investigar como a cafeína afecta ao noso propio cerebro e ao noso comportamento».

Os investigadores advertiron que de continuar a desaparición das abellas e outros insectos polinizadores, pondrase en peligro a biodiversidade e certos cultivos.

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

1 comentario:

manuel m dijo...

Ola, Paula, penso que escolliches un artigo moi interesante, porque abre moitas posibilidades para comentar.

Por exemplo, se pensamos en termos de selección natural, é posible ou mesmo probable que as prantas evolucionasen regulando o contido de cafeína das flores, usándoa como un xeito de atraer mellor ás abellas e de garanti-la súa atención, como se afirma neste artigo:

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/03/09/ciencia/1268153259.html

O efecto da cafeína sobre o noso cerebro está bastante estudiado, e en xeral chegouse á conclusión de que estimula a nosa memoria a curto prazo (o que explica a súa popularidade entre os estudiantes). Hai estudios que defenden que o seu consumo regular diminúe notablemente as posibilidades de padecer Alzheimer.

http://www.cosasdesalud.es/cafeina-contra-alzheimer/

Pero aínda que a cafeína limite a nosa sensación de cansanzo, non o fai desaparecer. Un cerebro canso segue estando canso con cafeína ou sen ela e aínda que reduza esa sensación non elimina a necesidade de descansar. En certo modo é como pedir un préstamo, desfrutas del un tempo pero antes ou despois hai que devolvelo.

En resume, un artigo interesante que fai pensar nos efectos da cafeína e nos beneficios que supuxo evolutivamente para prantas e insectos.

Un saúdo!

Manuel M. Máster de Profesorado