domingo, 31 de marzo de 2013

Así se formaron as rías galegas


As Baixas creáronse hai 110 millóns de anos, as Altas fai 25,  e as Medias, cinco

Ferdinand Von Richthofen, o tío do famoso Baron Rojo , foi o que as deu nome en 1886. Na súa viaxe ao redor do mundo para estudar os distintos tipos de costa atopouse en Galicia con algo nunca visto, aínda que realmente non sexan algo exclusivo da comunidade. Eran as rías, un accidente xeográfico formado pola inundación mariña do curso final dun río. A definición mantense, pero un novo estudo realizado polo director do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní, arroxa nova luz sobre a súa historia e formación.
Tamén, por primeira vez, datouse a súa antigüidade. E aquí xorden as primeiras sorpresas, máis que nada polas enormes diferenzas no tempo en que se crearon unhas e outras. As máis antigas son as Rías Baixas, que datan de hai 110 millóns de anos. Moito máis tarde, fai 24 millóns, xurdiron as Rías Altas e o proceso culminou fai tan só cinco millóns coa irrupción das Medias, cuxa constitución coincide coa formación do río Miño.
Unha ría, polo xeral, fórmase pola inundación do curso final dun río causada polo afundimento do bordo costeiro, por unha subida do nivel de mar ou por ambos os sucesos á vez. A esta hipótese hai que engadirlle agora un novo matiz: en Galicia, o factor determinante que propiciou a súa creación foi a inundación pola subida do nivel do mar por mor da fusión da auga dos polos. E o máis paradoxal é que ocorreu nun momento en que a cortiza terrestre galega estaba a levantarse, un proceso xeolóxico que continúa na actualidade. «Antes pensábase que as rías galegas se formaron porque a costa se afundiu, pero agora se sabe que o proceso decisivo foi o aumento do nivel do mar», di Vidal Romaní.
Rías secas
Na fisionomía da actual costa galega existe outro proceso xeolóxico decisivo que dá resposta á gran pregunta: ¿como é posible que o maior río de Galicia, o Miño, non desemboque nunha ría? A clave está no levantamento da Cordilleira Cantábrica, a cadea montañosa que emerxe ata alcanzar a súa altura actual fai entre 65 e 23 millóns de anos e que, a diferenza do que aínda contan os libros de xeografía, non acaba no triángulo Becerreá-Sarriá-Triacastela, senón que enlaza noutra estrutura tectónica chamada Corredor de Ourense, que chega a Celanova. Alí divídese en dúas ramas: unha que segue paralela á fronteira entre Galicia e Portugal desde a depresión Budiño-Tui ata A Guardia e Camiña, e outra, máis ao sur, desde Lindoso, no Xurés, ata Viana do Castelo. No Corredor de Ourense, a Cordilleira Cantábrica non se levanta, senón que se afunde, o que forma as concas terciarias galegas e provoca o desvío das augas de varios ríos. Así é como se formou o Miño. Só que no tramo final da Cadea Cantábrica, por onde xa corrían o Miño e o Lima, prodúcese un levantamento do continente, o que impediu que ambos os leitos, a pesar do seu gran caudal, puidesen escavar as súas canles e, xa que logo, ser alagados polo mar. Agora coñéceselles como Rías Secas.

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Falta as fontes e as etiquetas.