Unha das maiores preguntas as que se enfronta a ciencia é a da orixe da vida. A vida orixinouse na terra ou viña doutros lugares a bordo de meteoritos (hipótese da panspermia)?
Un grupo de investigadores das universiades de California e Hawaii reproduciu nunha cámara de vacio, as condicións do frío espacial (uns grados por encima do cero absoluto) e colocaron uns gránulos xeados con compostos que se encontran no espacio como: etano, hidrocarburos. Estes gránulos foron bombardeados con electróns para simular os raios cósmicos do espacio prodecentes de fontes de enerxía ou supernovas que explotaron. Esta radiación cósmica bombardea continuamente o espacio en todos os seus ricóns, por iso é un dos problemas do cal que se ten que protexer o ser humano que realice unha viaxe espacial.
Nese momento empezaron unha serie de reacións químicas que deron lugar a formación de dipéptidos (enlaces de dous aminoácidos que son esenciales para a vida). Según este esperimento esas moléculas prebióticas poideron formarse no espazo e moi probablemente a bordo de cometas, asteroides,... caeron nos mundos que encontraron, tanto dentro coma fóra do noso sistema solar e naqueles lugares onde se deran as condicións necesarias arraigaron e deron lugar a vida.
Ata o de agora pensabase que os aminoácidos si que podían haber chegado a terra en meteoritos, cometas,… e que despóis o proceso químico posterior houbera tido lugar na terra, nos oceanos. Grazas a este traballo dámonos conta que non é necesario o medio oceánico terrestre para que a química da vida se poña en marcha, bastan coas condicións que se dan no espacio exterior.
Este experimento impulsa a hipótese da panspermia.
Fontes de información:
http://informe21.com/ciencia-y-tecnologia/los-ladrillos-de-la-vida
http://www.abc.es/ciencia/20130315/abci-ladrillos-vida-201303141709.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Panspermia
http://www.biocab.org/Panspermia_esp.html
Yolanda Campos Garrido 1ºA
1 comentario:
Interesante noticia!
Publicar un comentario