lunes, 4 de marzo de 2013

Un paso máis cara a cura do virus VIH


O VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana) é un virus que vai debilitando o sistema inmunolóxico lentamente. Cando este sistema se debilita, un é máis susceptible a contraer enfermidades, especialmente infeccións e tumores.

Un equipo de médicos estadounidense asegurou hoxe que logrou curar a un bebé de tal virus. Isto supón un paso máis cara a posible cura do virus en nenos seropositivos.


A nena á cal se lle conseguiu eliminar o virus ten agora dous anos e medio. Naceu a finais de 2010 no Mississippi rural. Dende pequena recibiu un tratamento agresivo de retrovirais, algo que non é habitual. Durante o último ano non estivo sometida a estes tratamentos e, aínda así, non se rexistraron sinais dun virus activo.

O estudo que documenta o caso deste bebé é dirixido pola investigadora da Universidade de Johns Hopkins de Baltimore (Maryland), Deborah Persaud. Necesítanse máis probas para comprobar o se o mesmo tratamento funciona en outros nenos, pero aínda así os investigadores consideran que o VIH en bebés pode ser curable.

Queda esperar que a comunidade médica valide o estudo. Se así fose, esta nena sería o segundo caso ben documentado dunha cura de VIH no mundo. O primeiro foi Timothy Brown, ou tamén coñecido como o “paciente de Berlín”. Este curouse ó recibir un transplante de médula ósea en 2007 dun donante xenéticamente resistente á infección do virus.

Algúns doutores poñen en duda que a nena estivera infectada, pero a doutora Persaud asegurou que se lle realizaron cinco probas ó bebé no primeiro mes de vida que deron positivo. Cando os médicos souperon que a nena estaba infectada, aproximadamente cando tiña un día de vida, transladárona ó Centro Médico da Universidade de Mississippi. Hannah Gay, a pediatra que tratou á nena, en lugar de administrarlle dous medicamentos como medida profiláctica, aumentou o réximen a tres. Isto provocou que os niveles de virus, inicialmente uns 20.000 por mL de sangue, disminuíran rápidamente. Ó mes de vida, os niveles de virus eran indetectables. Realizáronselle outras probas ós cinco meses e todas elas deron negativo.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

No hay comentarios: