sábado, 20 de abril de 2013

Automedicación animal


O pasado 11 de abril publicouse na revista Science un artigo onde expertos en ecoloxía e bioloxía evolutiva analizan a “automedicación” dos animais. A especie humana non é a única que utiliza sustancias farmacolóxicas para previr e curar enfermidades parasitarias. O traballo desvela que esta práctica está máis extendida do que se pensaba. Por exemplo, os elefantes africanos percorren longas distancias para encontrar grutas tapizadas de sal, onde atopan o sodio indispensable para equilibrar o exceso de potasio das follas que consomen; os tigres, entre outros mamíferos, realizan purgas mecánicas con diversos vexetais para combater os seus problemas intestinais; algunhas serpes inxiren ginseng  para cicatrizar mellor as feridas.

O efecto da automedicación fai que as súas respostas inmunolóxicas se reduzan ou eliminen. No caso das abellas, o uso de antimicrobianos nos seus niños fixo que, durante o proceso de evolución, perdesen centos de xenes inmunolóxicos.

O estudo expón varias das consecuencias desta automedicación nos animais, algunhas das cales poden afectar ó ser humano de forma indirecta. Algunhas enfermidades animais poden ser peores se se interfire na súa capacidade para medicarse. O estudo de esta medicación animal pode axudar a descubrir novos fármacos de utilidade, xa que moitas das medicinas modernas derivan de plantas ou produtos naturais.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Non entendo como se automedican os animais. De onde obteñen as mediciñas?

Antía Quintana dijo...

O termo automedicación non se refire a que consuman menciñas, senón que a partires da Natureza, mediante por exemplo plantas, curan feridas ou infeccións. Por exemplo o estornino pinto inxire plantas como a cenoura salvaxe pola súa utilidade no tratamento externo de chagas, inflamacións ou outras enfermidades da pel.