sábado, 20 de abril de 2013

O peixe cebra sitúase como o mellor "rato de laboratorio"

O rato levaba moito tempo sendo o rei do laboratorio pero acaba de aparecerlle un novo competidor: un peixiño duns 5 cm de largo con raias lonxitudinais no seu corpo, o peixe cebra ou Danio rerio.  Dúas investigacións publicadas fai uns días en Nature, unha delas con participación española,  confirman a posición deste peixe como organismo modelo: a secuenciación do seu xenoma e o estudo sobre mutacións en máis de 10.000 xenes que favorecerán descubrimentos de curas para innumerables doenzas humanas como o alzheimer, cancro ou deficiencias cardíacas.
Un dos pioneiros do traballo co “zebrafish” foi Christiane Nüsslein-Volhard, Premio Nobel de Medicina en  1995 que publicou un ano máis tarde o tratado funcional do traballo co peixe cebra nun monográfico da revista Development.
                 A bioloxía deste peixe presenta varias vantaxes fronte a outros animais de laboratorio como os ratos, os polos ou as moscas. Ten unha reprodución masiva: pon máis de medio millar de ovos de golpe, o que xera maior capacidade de analizar miles de compostos terapéuticos ó mesmo tempo. Convértese en  embrión en apenas 48 horas, o que posibilita resultados con aforro de tempo. É transparente, o que permite visualizar sen problemas a evolución de experimentos.
                Pero necesita contar cun bo mapa de seu xenoma para consolidarse como candidato perfecto para  organismo modelo. O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC) co investigador español Carlos Torroja, participou no estudio sobre o xenoma do “zebrafish” que se acaba de publicar. Presentase un xenoma de alta calidade que facilita a identificación de mutacións e fai posible a comparación de secuencias mudadas e normais. Agora sabemos que este peixe e os humanos compartimos  un 71% da información xenética e máis do 82% dos xenes responsables de enfermidades. Ben é certo que o peixe comparte menos desenvolvemento xenético cos humanos que os ratos, polo que ninguén pretende descartar ós roedores, senón complementar o seu uso en investigacións máis incipientes.
Organismo fluorescente mutado xenéticamente 
 A outra investigación presenta un catálogo de mutantes que se está desenvolvendo a gran escala nos laboratorios do Instituto Sanger. Trátase de mudar todos os xenes do peixe, un por un, e ver como esa mutación altera a súa anatomía, fisioloxía ou comportamento. Sería como si se fora quitando cada vez unha peza dun coche para ver qué falla e así identificar a súa utilidade. Esta batería de mutantes permitirá crear modelos de enfermidades humanas e os seus correspondentes medicamentos para axudar ás vindeiras investigacións.
Parece que o lema “bo, bonito e barato” levado ó laboratorio cúmprese co zebrafish. 


FONTES DE INFORMACIÓN

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Por que pos nas etiquetas transxénicos, a caso o peixe cebra é un trnasxénico?

Iago Rodríguez Peña dijo...

Non, non é un transxénico en si, pero si que se pode converter en tal, como os peixes fluorescentes da foto da noticia. Por eso puxen a etiqueta, porque tamén podería estar relacionado...pero se ti non o consideras apropiado a retiro sen problema.