lunes, 1 de abril de 2013

Lógrase a invisibilidade dun obxeto cunha capa ultrafina.

INVISIBILIDADE

Os científicos xa presentaron varias capas de invisibilidade que fan desaparecercousas de distintos tamaños ao estilo da que envolve a Harry Potter, pero a maioría son dispositivos bastante voluminosos, o que supón un problema para levar a cabo o xenial «truco de maxia». Agora, investigadores estadounidenses da Universidade de Texas en Austin foron capaces desenvolver un manto moito máis delgado e lixeiro. Mide só uns micrómetros de espesor e pode ocultar obxectos tridimensionais ás microondas no seu ambiente natural, en todas as direccións e dende todas as posicións do observador.

A nova capa ultradelgada, descrita este martes no New Journal of Physics da Sociedade Alemá de Física, foi denominada metapantalla. Elaborouse unindo tiras de fita de cobre de 66 micróns de espesor a unha película flexible de policarbonato de 100 micróns cun deseño de reixa. Os investigadores cren que tamén poden ocultar obxectos de forma irregular e asimétricos coa mesma técnica.


Unha pantalla metálica:

Os obxectos detéctanse cando as ondas, xa sexan de luz, son, raios X ou microondas, rebotan na súa superficie. A razón pola que vemos as cousas débese a que os raios de luz rebotan na superficie cara aos nosos ollos, que son capaces de procesar a información.
Este novo método utiliza unha pantalla metálica ultrafina para anular as ondas que se atopan dispersas fóra do obxecto cuberto, mentres que estudos anteriores empregaron metamateriais para desviar ou curvar as ondas entrantes ao redor dun obxecto.
‘Cando os campos dispersos da capa e o obxecto interfiren, anúlanse o un ao outro e o efecto xeral é a transparencia e a invisibilidade en todos os ángulos de observación’ afirma Andrea Alu, coautor do estudo. Segundo explica, este novo método ofrece vantaxes sobre outros existentes pola súa adaptabilidade, facilidade de fabricación e ancho de banda mellorado.

O ano pasado, o mesmo grupo de investigadores foron os primeiros en cubrir con éxito un obxecto 3 D  utilizando un método chamado «encubrimento plasmónico», que utiliza materiais máis voluminosos para anular a dispersión das ondas.
No futuro, un dos retos clave para os investigadores será ocultar un obxecto da luz visible, algo que Alu cre que poderá conseguirse.

Fontes de información:
http://www.abc.es/ciencia/20130326/abci-logran-hacer-invisible-objeto-201303251648.html


Alba Cortés Coego
1º Bacharelato A

1 comentario:

Unknown dijo...

A invisibilidade nalgúns casos poderá ser interesante pero en outros... estou pensados "as chuletas" dos exames.