jueves, 4 de abril de 2013

Os soños, soños son


O mundo dos soños resultanos algo inquietante e ao mesmo tempo afastado do coñecemento. Algo confuso do que non se pode chegar a saber demasiado con absoluta certeza, pero equivocamonos. Yukiyasu Kamitani e demais compañeiros do Laboratorio de Neurociencia Computacional de Tokio afirman encontrarse un paso máis preto da comprensión deste ámbito, grazas ao seu deseño dunha especie de “dicionario onírico”. Trátase dun aparato capaz de traducir a actividade cerebral das persoas mentres estas durmen.  Os individuos colócanse nun tubo de resonancia magnética, e unha vez que alcanzaron o sono, son despertados bruscamente, dispondose a continuación a contar o que estaban a soñar no momento. O proceso repetiríase 200 veces. A continuación búscase a relación entre os elementos presentes no relato dos voluntarios e a actividade do córtex cerebral rexistrada, chegando a acadar unha fiabilidade dun 60%.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/04/actualidad/1365090904_485210.html

1 comentario:

Unknown dijo...

Faltan as etiquetas!