domingo, 12 de mayo de 2013

A AUGA DA LÚA É IDENTICA Á DA TERRA.

Os investigadores creen que a auga sempre estivo no noso satélite e que foi depositada polos meteoritos primitivos que tamén a levaron ó noso planeta.

           
   Recentemente, unha nave da NASA e unha nova investigación de mostras das famosas misións Apolo demostraron que a Lúa contén auga, tanto na súa superficie como no interior. A procedencia deste líquido foi obxeto de debate entre os científicos, que non se poñen de acordo de cómo chegou ata alí. Un novo estudio realizado por investigadores estadounidenses suxire a revista Science que provén de meteoritos primitivos, igual que a da Terra, e que posiblemente, sempre estivo alí desde a orixe misma do noso satélite.
   Para chegar a esa conclusión analizaron mostras de vidrio volcánico presente en rochas traídas durante as misións Apolo 15 e 17, que se levaron a cabo en 1971 e 1972, respectivamente.


   Este material contiña pequenas trazas dunha especie de cristais denominados inclusións fundidas, nas que quedan rexistrados os procesos magmáticos que tiveron lugar no pasado na Lúa. A proporción de isótopos de hidróxeno que contiña este magma lunar é similar ó que atoparon na Terra, segundo os autores desta investigación. De feito, sosteñen que a composición isotópica da auga que se atopa no magma da Lúa non se pode distinguir da auga das condritas carbonáceas coas que compararon o material traído do noso satélite.
   Durante moito tempo os científicos sospeitaron que condritas carbonáceas coma estas, entre as que están os meteoritos máis antigos dos que figuran nos rexistros, foron as que por primeira vez trouxeron auga o noso Sistema Solar. Según esta teoría, parte da auga que hai na Terra orixinouse cando estas condritas impactaron contra o noso planeta. Os científicos creen que a auga do noso planeta tivo a súa orixe ó mesmo tempo que se formou a Lúa.
    Esto non é necesariamente incompatible coa idea de que a Lúa se formou por un impacto xigante contra a Terra primitiva, pero presenta un problema. Cómo puido sobrevivir a auga a un choque tan violento. Segundo os investigadores, esto suxire que hai algúns procesos importantes que todavía non se entenden acerca de cómo se forman os planetas e os seus satélites.


                      Enlaces: 
     http://www.abc.es/ciencia/20130509/abci-origen-agua-luna-201305091848.html
http://www.elperiodico.com/es/noticias/ciencia/agua-del-interior-tierra-luna-tiene-origen-comun-2387590
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/09/ciencia/1368120200.html


               Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"

No hay comentarios: