domingo, 12 de mayo de 2013

A Terra, 28 anos despois

Glaciar Columbia, Alaska (USA)

Google Earth Engine é unha ferramenta creada por este xigante de Internet xunto coa NASA e a revista TIME, entre outros. Fai posíbel retroceder no tempo e ver os cambios na paisaxe da  Terra ó longo dos anos, concretamente dende 1984 ata 2012.
Fíxose coa técnica “time-lapse”. Consiste no emprego dunha serie de imaxes fixas de distintos momentos, neste caso tomadas vía satélite, e crear unha secuencia animada con elas. Empregáronse millóns de imaxes e trillóns de pixels, obtidos na misión Landsat, que ven recopilando datos dende a década dos 70.
Lago Urmia, Irán
Así podemos ver o crecemento da cidade de Las Vegas, a deforestación do Amazonas ou expansión costeira, incluída a construción de illas no mar, en Dubai entre outras.
Ademais de sorprender os usuarios, con esta ferramenta pretenden informar a comunidade do que lle estamos a facer  á Terra e das estratexias que deberíamos empregar nun futuro se queremos conservar o noso planeta.         




           ENLACE
                                                                   





Fontes de información:



Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

No hay comentarios: