miércoles, 29 de mayo de 2013

OS DESCUBRIDORES DO BOSÓN DE HIGGS, PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN

 O físico teórico británico Peter Higgs e o belga François Englert, que formularon a existencia da partícula subatómica na orixe da masa de outras partículas e o Centro Europeo de Física de Partículas (CERN), que confirmou a súa existencia o pasado ano, obtiveron o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.
   Englert por unha parte, xunto ó físico belga Robert Brout -xa finado-, e Higgs, pola súa, predixeron en 1964 ó mesmo tempo e de maneira independiente a existencia do que se popularizou como bosón de Higgs, a partícula coa que interactúan outras que fai que, nese mecanismo, adquiran unha masa determinada. Case 50 anos despois, o Centro Europeo de Física de Partículas (CERN) anunciou en xullo pasado a confirmación experimental de que o bosón existe.

                           
 
   O xurado incidiu en que os traballos pioneiros de Higgs e de Englert e Brout estableceron a base teórica da existencia do chamado bosón de Higgs, a partícula que "completa o Modelo Estándar, que describe os componentes fundamentais da natureza e é responsable de que certas partículas elementais posúan masa."
   Durante case medio século, os esforzos para encontrar o bosón de Higgs resultaron infructuosos debido ás enormes dificultades experimentais que ten a súa detección precisa e inequívoca" destaca a acta do xurado, no que se califica de "hito histórico" que puidese ser identificado o pasado ano polos detectores Atlas e CMS do acelerador de partículas LHC do CERN, un hito histórico para toda a comunidade científica.
   O 4 de xullo pasado, medio século despois de conxeturarse a súa existencia, descubriuse a partícula de Higgs. O achado foi realmente importante: desde ese momento coñeceuse un pouco mellor como funciona o universo. Fixo falla construir o máis potente acelerador de partículas, o LHC, dous colosais detectores e o traballo e entusiasmo de miles de físicos e inxeñeiros de todo o mundo volcados na investigación.
   O descubremento do bosón de Higgs constitue un exemplo emblemático de cómo Europa liderou un esforzo colectivo para resolver un dos enigmas máis profundos da física.

Enlaces: 
http://www.europapress.es/ciencia/noticia-padres-boson-higgs-premio-principe-asturias-20130529115701.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/29/actualidad/1369821615_389938.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/29/ciencia/1369820255.html

       Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A".

1 comentario:

Unknown dijo...

Francisco recolles moi ben o traballado no primeiro trimestre.