miércoles, 29 de mayo de 2013

A escaseza de auga, problema planetario grave no prazo de dous xeneracións

A auga doce é un recurso natural fundamental para o que non hai substituto. As reformas son necesarias na xestión e uso da auga doce, xa que a escaseza de auga debe ser un problema serio para os futuros habitantes do planeta Terra, advirten científicos reunídos a semana pasada na conferencia “Agua en el Antropoceno” realizado en Bonn, en Alemaña.

"A mala xestión da auga, o uso excesivo e os cambios climáticos representan unha ameaza a longo prazo para o benestar da humanidade", afirma a declaración. A actividade humana desempeña un papel central no comportamento do sistema global da auga.
A declaración recolle as conclusións esenciais do Proxecto Sistema Global da Auga, no que os científicos levan traballando dende 2004.
"Os seres humanos tenden a buscar o seu suministro de auga a través de solucións de enxeñaría a curto prazo. Confrontados co dilema de escoller entre a auga para obter unha ganancia económico a curto prazo ou defender a saúde global dos ecosistemas acuáticos, a sociedade masivamente elixe o desenvolvemento", explican os científicos. A investigación "confirma que o actual incremento no uso da auga e a baixa eficiencia do sistema hidrico avanzan nunha traxectoria insostible".
A Declaración de Bonn fai algunhas recomendacións: adquirir o compromiso de adoptar un enfoque multidisciplinar e como isto pode cambiar o futuro; realizar estudos de síntese sobre o coñecemento sobre a auga  que permita desenvolver evaluacions de risco e estratexias de protección dos sistemas de auga; preparar a seguinte xeneración de científicos e expertos en cambio global para facer fronte o reto; extender o monitoreo mediante redes de observación do medio ambiente e sistemas avanzados de satélite; tomar en consideración alternativas baseadas nos ecosistemas fronte as costosas solucions estructurais ante o cambio climático; desenvolver solucions innovadoras nas institucions que se ocupan da auga.

Aquí os deixo un vídeo para ver a importancia de saber aproveitar a auga e concienciaros de que cun uso excesivo acabara por esgotarse.
video

Enlaces:
http://www.youtube.com/watch?v=bR9283a43yg

Miguel Villar Paz, 1º Bach D

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Que é o Antropoceno? Quen acuñou este término?

Miguel Villar dijo...

O térmo Antropoceno é usado por algúns científicos para describir o actual período na historia terrestre dende que as actividades humáns tiveron un impacto global significativo sobre os ecosistemas terrestres. Non hai unha fecha precisa sobre o seu comezo, pero algúns consideran que coincide co inicio da Revolución Industrial (a finais do seculo XVIII). O térmo foi acuñado no ano 2000 polo gañador do premio Nobel de química Paul Crutzen.