domingo, 19 de mayo de 2013

FRACTURA POLO FRACKING

Este fin de semana numerosas localidades españolas vivirán movilizacións contra o "fracking". A febre pola extracción de gas "non convencional" desatou o debate entre os que se mostran a favor e en contra da polémica técnica da fractura hidráulica. Sociedade, ecoloxistas, expertos e políticos posicionanse. As intencións da industria chocan coa forte contestación social.
                     
   Os impulsores do fracking utilizan a dependencia enerxética do exterior como xustificación para a súa actividade. España, cunha dependencia enerxética exterior de máis do 80%, ten unha enorme vulnerabilidade nese sentido. Nembargantes, o certo é que os derradeiros gobernos de España despreciaron a nosa principal fonte de enerxía: o sol. Namentras as enerxías renovables son unha alternativa segura e limpa, o fracking exponnos a altos riscos para a saúde e o medio ambiente.
     Perigos do fracking:
  -Riscos durante a perforación: Riscos de explosión, escapes de gas, escapes de ácido sulfhídrico e derrumbes da formación sobre a tubería.
  -Contaminación de acuíferos: Posibilidades de que unha das fracturas inducidas alcance un acuífero, contaminando a auga cos fluídos da fracturación e co propio gas da formación que se pretende extraer.
  -Contaminación do aire: Moitos destes aditivos son volátiles pasando á atmósfera directamente. Por outro lado para o acondicionamento e inxección na rede de suministro, unha cantidade deste gas, pasará á atmósfera por escapes. Este é un gas de efecto invernadoiro moito máis potente que o propio CO2.
  -Terremotos: Constatouse un aumento da sismicidade coincidindo cos periodos de fracturación hidráulica.
  -Ocupación do terreo: Solen perforar de 1,5 a 3,5 plataformas por km2, cunha ocupación de 2 hectáreas por cada unha, o que supón un gran impacto paisaxístico. O periodo de ocupación de cada un destes pozos é dependendo da riqueza enerxética do subsolo variable entre 5 e 7 anos.
  -Especulación económica: Deixase entrever unha gran forza dos lobbies enerxéticos estadounidenses para vender o producto.

   EEUU é o verdadeiro motos e exportador desta técnica e o que está impulsando a súa expansión no resto do mundo. Noutros países a situación legal está como segue: En Europa xa se declararon moratorias ou prohibicións ó fracking, como por exemplo en Francia, Bulgaria, Irlanda, Rumania, Chequia, ou algúns estados alemáns. Noutros coma Austria, impóñense límites ambientais moi severos para o uso da técnica. En EEUU, onde están usando ampliamente a fractura hidráullica desde hai unha década,  a oposición popular está moi extendida tras comprobarse os perigos reais desta técnica.
                      

Enlaces: 
http://www.publico.es/455582/fractura-por-el-fracking
http://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-mas-2000-personas-manifiestan-burgos-contra-barbarie-fracking-20130518194123.html
http://www.publico.es/455612/centenares-de-personas-marchan-contra-la-barbarie-del-fracking

FRANCISCO RODRÍGUEZ VALENCIA, 1º BACH "A".

No hay comentarios: