miércoles, 1 de mayo de 2013

Hai ciencia nos xoguetes?

A través do xogo tamén podemos aprender ciencia e moitos dos xoguetes mecánicos cos que xogamos naceron gracias a leis físicas e matemáticas e a descubrimentos científicos. O cubo de Rubik é un exemplo pois o seu creador é un profesor de arquitectura que quería explicar de forma máis clara aos seus alumnos o que era a xeometría tridimensional. Hoxe poucos son os que non intentaron cadrar as súas caras,  asunto nada fácil porque se calcula que hai máis de 43 trillóns de permutacións posibles.  Outro xogo moi coñecido é o muelle Slinky que naceu por azar pero que hoxe se usa para explicar as propriedades das ondas. E que me dicides do tiracoios? Xoguete de sempre onde os haxa, pois ben, con el comprobamos que é a enerxía que se acumula na goma a que nos permite lanzar proxectís con forza pero que temos que volver a lanzalo enseguida para lograr potencia. O xogo de médicos de Operación precisa que teñamos moito pulso para que non soe a campá e está baseado nun principio parecido ao que rexe os simuladores de ciruxía virtual, que se usan en prácticas de intervencións endovasculares. E con respecto ao Lego Mindstorms Nxt  para construír robots, dicir que o usan nalgunhas universidades para dar clases de robótica porque ten sensores táctiles, visuais e de ultrasonidos.
Xogar pois non supón só diversión e entretenemento senón que agudiza o enxeño e ensínanos ciencia.



Fontes:  Muy Interesante  nª 384

Brais Casas Fernández

1 comentario:

Unknown dijo...

No seguinte enlace podedes ver o fundamento científico dalgúns xoguetes http://lacienciaesdivertida.blogspot.com.es/