miércoles, 15 de mayo de 2013

A clonación terapéutica por fin se consegue en humanos


[foto de la noticia]

Casi unha década despois de que o científico coreano Woo Suk Hwang anunciara que lograra clonar 30 embrións humanos co fin de conseguir novas terapias celulares,algo que finalmente revelouse como un gran fraude,un equipo de investigadores estadounidenses conseguiu por fin o tan ansiado paso:obter células nai embrionarias humanas a partir dunha célula adulta,o que se podería denominar clonación terapéutica.
A investigación dirixida por Shoukhrat Mitalipov,científico ruso que traballa no Centro Nacional de Oregón para a Investigación sobre primates (ONPRNC),é en realidade unha continuación dos estudos que dende fai anos leva realizando nestos animais e que o levaron en 2007 á obtención de células nai de embrións de macacos.
Agora coa modificación da técnica empleada nestes monos,conseguiu dar o salto que moitos científicos intentaran durante anos pero que ninguén conseguira ata agora.
"Os nosos resultados ofrecen unha nova forma de xerar células nai de pacientes con tecidos e órganos dañados ou deteriorados",explicou un comunicado Mitalipov."Estas células nai poden rexenerar e reemplazar a aquelas células danadas e mellorar enfermidades que afectan a millóns de persoas".

Neste caso o equipo de Mitalipov do que forma parte a embrióloga española Nuria Martí Gutiérrez utilizou óvulos de gran calidade procedentes de voluntarias sás aos que se lles retirou o núcleo, e dentro do seu citoplasma se lles introduxo o núcleo dunha célula da pel,(fibroblasto),dun paciente con síndrome de Leigh.  Este proceso levouse a cabo nunha solución enriquecida con cafeína que inhibe unha enzimas que entorpecían o proceso.Tras sometelos á técnica da electroestimulación, conseguiuse obter un embrión do que derivaron células nai.

"Este traballo abre a porta a que outros grupos do planeta intenten reproducir estes resultados.Dentro de pouco esta técnica verase como unha alternativa dispoñible" afirma Javier García Sancho,presidente da Sociedade Española de Terapia Xénica e Celular.
Sen embargo como apunta Felipe Prosper director da Área de Terapia Celular da Clínica Universitaria de Navarra,esta investigación,"inda que bonita e espectacular,non creo que teña ningunha repercusión clínica.Dende que Yamanaka desenrrolase o método de reprogramación celular,hai unha maneira más sinxela e menos costosa de conseguir céculas pruripotentes ou IPS.



Fontes de información

Pablo Estévez Feijoo 1ºA Bachiller

3 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Interesante noticia y muy oportuna.

Iago Rodríguez Peña dijo...

A recente clonación das células humanas volve desatar a polémica do medo á copia de nós mesmos. Mentres a clonación terapéutica está recoñecida en moitos países, a clonación reprodutiva está prohibida por Nacións Unidas e aquí radica o problema. Hai varias posturas ante este tema: os que se opoñen por principios ou normas morais, sen basearse en criterios científicos; os que o ven útil nalgún caso e os que son máis permisivos e aceptan todo.
Independentemente deste debate, o que está claro é que o estudo do pasado mércores, non supuxo grandes avances no coñecemento básico porque isto mesmo xa se fixera con outras especies (ovellas, monos...) pero ó conseguir aplicar esas técnicas nos humanos, supón un gran avance como coñecemento práctico xa que abre novas maneiras de xerar células nai para terapias futuras. O importante da clonación terapéutica está por vir.
http://www.agenciasinc.es/Multimedia/Videos

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Carmen Cid Manzano dijo...

Pablo tes que poñer as etiquetas