sábado, 26 de octubre de 2013

Día mundial do cancro de mama

19 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA

   O cancro de mama é o tipo de carcinoma máis común nas mulleres. Representa o 16% dos tumores femininos,  e afecta tamén o 1% dos homes.
En noso país diagnostícanse cada ano 15.000 novos casos en mulleres de entre 45 e 55 anos. É o tumor que representa a maior mortandade en mulleres afectadas de cancro. Tamén é uns dos tipos de cancro máis frecuentes nas mulleres dos países desenvolvidos. Ainda que nos últimos anos observouse una lixeira diminución, a súa incidencia segue a ser elevada debido a certos estilos de vida como o sedentarismo, a dieta pouco saudable,  a obesidade na menopusia, etc.
Sen embargo, podemos dicir que a supervivencia das mulleres afectadas mellorou nos últimos anos, destacando a importancia do diagnóstico precoz e das campañas sanitarias de control e mamografías entre a poboación en idade de risco.

                                      

  Para celebrar o dia mundial do cancro de mama, destacamos una noticia que abre un pouco máis de esperanza a curación e prevención deste tipo de carcinoma:
Un grupo de investigadores do  “Centro de investigación do cancro” (CIC), dirixidos por Xosé R. Bustelo, descubriron 6 proteínas que actúan para favorecer o crecemento do tumor primario e a súa metástase hacia o pulmón. Según este equipo de investigadores, a eliminación destas proteínas pode supoñer unha potencial terapia fronte a enfermidade e ademais podería utilizarse como una firma xenética para o seu diagnóstico.
                E relevante o papel das proteínas Vav3 e Vav2, que en modelos animais, comprobouse que non só actúan coordinadamente no desenvolvemento do tumor senon que son críticas para a aparición da metástase; hai outras 4 proteínas adicionais que o inhibirse diminúen o crecemento  do tumor primario e poden eliminar por completa a metástase.
Polo momento, a experimentación realizouse en animais e a súa aplicación nos seres humanos e reducida a un prazo curto; está condicionada o desenrolo de fármacos que non produzan efectos colaterais tóxicos nos pacientes.

                Para o grupo de traballo de Bustelo, estes resultados supusiron una serie de hitos na investigación deste tipo de cancro.

-          - Consideras que a dedicación dun día internacional o cancro de mama favorece e impulsa a investigación?.

-         -As mulleres conciénciase da importancia da deteción precoz como medida de prevención?.



                                                                                                         Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A


1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Debes de por o enlace da fonte de documentación exacta.