jueves, 17 de octubre de 2013

Nova terapia combinada que mellora a supervivencia do peor cancro de páncreas.


Un ensaio clínico internacional mostra a eficacia dun novo fármaco para os tumores máis avanzados. Trátase do avance máis esperanzador dos últimos 20 anos.

Tras moitos anos de estudos infrutuosos para mellorar o tratamento do cancro de páncreas, unha nova combinación de dous fármacos ( nab-paclitaxel e gemcitabina ) diminúe nun 30% a mortalidade en pacientes con metástase, aumentando a esperanza de vida entre 2 e 3 meses. A vida media nestes casos situábase en torno aos cinco meses.
Este traballo foi elaborado en colaboración con 161 centros hospitalarios internacionais (oito españois), nun total de 861 pacientes con estado avanzado 4 de cancro de páncreas e co apoio da farmacéutica Celgene, que ten rexistrado o fármaco, chamado comercialmente paclitaxel.


Anualmente diagnostícanse 5.000 casos en España dos que 4.900 terminan en falecemento. O importante é que con este tratamento algúns pacientes van vivir máis pero aínda non se identificou o por qué. A xuízo dos expertos, esta investigación é un gran paso cara a adiante que vai a permitir seguir mellorando o desenvolvemento de tratamentos.

En canto á aplicación en casos de cancro de páncreas nunha fase menos avanzada da enfermidade espérase que o tratamento mellorase o estado dos pacientes. Aínda hai que demostralo e para obter resultados pasarán outros dous ou tres anos.
Este estudo abre as portas tanto para deseñar estudos noutras fases da enfermidade, como para analizar biomarcadores que nos axuden a seleccionar mellor ós pacientes, e para avaliar novas moléculas e combinacións de fármacos.



No hay comentarios: