lunes, 25 de noviembre de 2013

ACÉRCASE O ESPECTÁCULO DO COMETA ISON


O xoves 28 de Novembro o cometa Ison encontrarase a súa distancia máis cercana do sol, podendo convertirse nun dos cometas máis espectaculares da historia.

  



Iste cometa foi descuberto por dous astrónomos rusos en Septembro de 2012. Daquela o cometa encontrábase a 943 millóns de kilómetros. Malia que iste cometa xa puido ser observado a simple vista cerca de Mercurio, o verdadeiro espectáculo poderá suceder este xoves.



O 28 de Novembro as 19:25 hora española, o cometa Ison alcanzará o seu perihelio(distancia máis próxima ó sol) pasando a unha distancia de 1,8 millóns de Km e a unha velocidade de 1,4 mill Km/h.Cando suceda isto poderán darse dous casos:
1º Que o cometa acabe desintegrándose debido a gravidade, altas temperaturas e intensa radiación do Sol,
fastidiando o espectáculo.

2º Que sobreviva ó calor solar convertíndose nun gran cometa observable cos nosos propios ollos na primeira semana de Decembro e o 26 dese mesmo mes cando alcance o seu perihelio con respecto a Terra.

Este cometa leva sido estudiado polo Observatorio de Canarias dende fai máis dun ano. No caso de que sobreviva desaparecerá a capa de polvo que o protexeu durante a súa vida, o que permitirá os científicos
obter información sobre o material que foi tapado por esta capa e que corresponde ao material máis primitivo dende a formación do cometa no Sistema Solar.

Pensades que no caso de que se descubra iste material se aportará algún descubrimento importante da estrutura do noso Sistema Solar?

 http://www.abc.es/ciencia/20131125/abci-cometa-ison-juega-este-201311251313.html

 http://www.elmundo.es/album/ciencia/2013/11/25/52933b9761fd3d073b8b456e.html

Víctor Carrera Quintana 1Bach A



No hay comentarios: