lunes, 25 de noviembre de 2013

Un resplandor “monstruoso e moi preto” no universo

Unha estrela máis grande có Sol, colapsou fai uns miles de millóns de anos; seguramente converteuse nun burato negro. Pero aquela luz da explosión chegou agora ós telescopios terrestres especializados en detectar e observar estes fenómenos no ceo. É o destello máis brillante de raios gamma (GRB, nas súas siglas en inglés) detectado ata agora, afirman os expertos. Está relativamente preto á Terra, en tempos cosmolóxicos, xa que a súa luz recorreu unha distancia de 3.700 millóns de anos ata nós. Un dos equipos científicos que estudaron este excepcional fenómeno valóranno de “monstruo preto” no título do seu artigo científico que se publica en Science nesta semana, xunto con outros traballos sobre a mesma explosión de raios gamma, que foi detectada o pasado 27 de abril mediante observatorios no espazo.
“Normalmente, detectamos os GRB a maior distancia, o que significa que se ven moi tenues, pero neste caso o destello prodúxose a unha cuarta parte do tamaño do universo observable, así que foi moi brillante”, sinalou Paul O’Brien, astrónomo da Universidad de Leicester (Reino Unido). “Nesta ocasión xenerouse tamén unha supernova, algo que non se rexistrara xunto cun potente GRB, e estamos a descifrar o fenómeno”, di nun comunicado da súa universidade. “O feito de poder ver un brillante destello a un cuarto do universo é realmente coma traernos á casa o poder destas explosións”, añadiu Nial Tanvir, outro investigador que estudou este fenómeno concreto.
Os destellos de raios gamma son frecuentes no ceo: aproximadamente un centenar ó ano rexistra o satélite Swift, da NASA, posto en órbita no 2004 precisamente para detectar estes fenómenos fugaces e que viu o “monstruo” do pasado abril. Para esta vixilancia científica é imprescindible colocar telescopios no espazo porque, afortunadamente para a vida na Terra, a radiación de raios gamma tan perxudicial para os organismos vivos, é absorbida pola atmosfera. Neste caso, o primeiro en detectar a explosión foi o FermiGamma Ray Space Telescope (Universidad de Stanford y SLAC).
A potente explosión de abril, denominada GRB 130427A, foi tan brillante que descoloca ós científicos. A teoría máis aceptada para describir un GRB como este, establece que estes fenómenos prodúcense en explosións máis enerxéticas que se dan no cosmos, cando unha estrela masiva colapsa sobre si mesma e explota. Estas colisións lanzan chorros de partículas que viaxan case á velocidade da luz e, como a presión, temperatura e densidade do chorro non son uniformes, provocan ondas de choque. A medida que o chorro sae, choca co medio interestelar provocando máis ondas de choque.
O problema é que un fenómeno tan extremo como o GRB 130427A non encaixa ben cós niveis de enerxía e procesos físicos da teoría. Por iso os científicos están interesados en desvelar como se producen os destellos de raios gamma, precisamente para afinar os seus coñecementos teóricos, e non teñen máis remedio que estar pendentes dos que se producen no ceo porque non poden reproducilos no laboratorio. A explosión de abril potente e preta, foi unha oportunidade espléndida.

No momento no que un telescopio en órbita detecta no ceo un destello de raios gamma, dispárase a alerta para que os telescopios en todo o mundo, en terra e no espazo, poidan seguir a evolución do fenómeno. A explosión pode durar menos dun minuto, pero o resplandor subseguinte dura máis tempo, entre uns poucos días e varias semanas. “No caso de GRB 130427A, o destello foi tan potente que observamos o resplandor remanente durante varios meses”, sinala Daniele Malesani, do  Instituto Niels Bohr (Universidad de Copenhague). “Analizando a luz do resplandor podemos estudar a súa composición, o que nos fala das propiedades da estrela orixinal, o que atopamos é que era una estrela xigante cunha masa que estaría entre 20 e 30 veces a do Sol, en rápida rotación e cun tamaño de solo 3 ou 4 veces a solar, así que era extremadamente compacta. Estas estrelas denominanse Wolf-Rayet”, continúa este experto. Tamén, estes astrónomos foron capaces de localizar no ceo, en observacións previas, a estrela que explotou.

                                              
                                                            David Serantes Grinión 1º Bach. D

No hay comentarios: