jueves, 21 de noviembre de 2013

FREDERICK SANGER DÉIXANOS TRAS TER UNHA LONGA VIDA EXITOSA


Onte, 20 de novembro, mércores, morre aos 95 anos un dos científicos máis importantes dos tempos actuais que gañara dous Premios Nobel: En 1958 polo seu traballo sobre a estrutura das proteínas nas plantas e animais, establecendo a secuencia de aminoácidos da insulina e demostrando que as proteínas teñen funcións específicas; e en 1980  polo método de secuenciación do ADN (axudou a descodificación do xenoma humano).
 Este "pai da xenómica" e bioquímico naceu en 1918 en Gloucestershire (Gran Bretaña) e estudou en Cambridge onde conseguiu o doctorado en 1943. Aquí aparecen algunhas das súas citas textuais.




FONTES: http://www.lavanguardia.com/ciencia/20131120/54394324628/muere-frederick-sanger.html
               http://www.bbc.co.uk/mundo/ultimas_noticias/2013/11/131120_ultnot_muere_frederick_sanger_ch.shtml

SIRA PRIETO GONZÁLEZ
1ºA

1 comentario:

Unknown dijo...

Por que non traduces as citas?