Segundo un estudo feito por varias universidades de Europa, o ser humán é máis tonto que fai dous séculos.

Parece ser que os
científicos realizaron unhas probas aos cidadáns desde finais do século XIX ata
a actualidade baseándose nos tempos de reacción aos estímulos visuais. E isto deu
un resultado lamentable en canto á velocidade dos nosos reflexos xa que é moito
máis penosa que a dos nosos antepasados.
Ademais, os
científicos descubriron que un home promedio tiña un tempo de reacción de 183
milisegundos en 1884, un tempo que aumentou ata os 253 milisegundos en 2004. No
mesmo período, o tempo de reacción das mulleres ascendeu aínda máis; de 188 a 261.

Segundo explica
no diario británico The Telegraph Michael Woodley, investigador da Universidade
de Umea en Suecia e responsable do estudo, que se publica na revista
Intelligence, «a nosa intelixencia diminuída débese probablemente a unha
'marcha atrás' no proceso da selección natural. As persoas máis intelixentes
teñen agora menos fillos que en décadas anteriores (polas presións da vida
moderna), mentres que as persoas con xenes menos favorables teñen máis». O
estudo é polémico e seguramente encontrará oposición na comunidade científica
Enlaces:
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
1 comentario:
Paula puxen en vermello o de polémico para salientar que é un estudo controvertido para moitos científicos. Non cres entón que deberías cambiar o título do post
Publicar un comentario